viernes, 9 de diciembre de 2011

Ola a todos!
Deixovos aquí unha pequena mostra da nosa estancia na casa do Queixo.
Aprendimos como se fai o queixo, fixemos chourizos, dimos de comer aos porquiños, faláronnos dos animais que alí teñen.
Como podedes ver estivemos moi atent@s en todo momento.



Tamén tivemos momentos de risa e bromas.


Un saudiño para todos.

jueves, 1 de diciembre de 2011

CALASANZ 2011

O pasado venres 25 conmemoramos o día de San José de Calasanz con moitas e variadas actividades.
VÍDEO DOS XOGOS DE 1º-2º CICLOS DE PRIMARIA


@s alumn@s do 3º Ciclo participaron nos xogos c@s alumn@s de ESO, aqui tedes o enlace ás fotos da xornada.
Por último recoméndovos este vídeo de Infantil, ¡¡¡ESPECTACULAR!!!

martes, 22 de noviembre de 2011

EUCARISTÍA E PINCHOS EN CALASANZ 2011

Coma tódolos anos no día de Calasanz celébrase unha misa na honra de San José. Ao rematar a misa, o colexio ofrecerá uns pinchos as familias do colexio. 
Estades convidados a achegarvos ao centro, e pasar un bo rato.
Un saúdo

CALASANZ 2011. 1º Y 2º CICLO PRIMARIA

A xornada do venres será un día especial cheo de actividades para os rapaces e rapazas do 1º e 2º ciclo.
10:00 Entrada ao colexio.
10:15 Misa conxunta na igrexa.
11:00 Xogos de Calasanz.
13:30 Remata a mañá.
-----------------------------
15:30 Cine no colexio.
17:30 Remata a tarde.



lunes, 21 de noviembre de 2011

CALASANZ 2011


ACTOS DÍA DE CALASANZ 3º CICLO PRIMARIA - Venres 25-11-2011

O día 25 de novembro, o 3º ciclo de primaria unímonos á ESO para celebrar a festa do noso fundador con diversas actividades:

10:00 Hora de entrada
10:15 Oración conxunta na Igrexa
10:45 Xogos de coñecemento
11:15 Chocolatada
12:00 Xincana con múltiples xogos de habilidade
14:00 Reunión de todos no pavillón para reconto de puntuacións e resultados finais da xincana
14:30 Hora de saída (este día non haberá clase pola tarde)

TOD@S @S ALUMN@S DEBEN TRAER O CHÁNDAL DO COLEXIO

viernes, 18 de noviembre de 2011

Hola a todos,

Como xa vos dirían os nenos, o xoves iremos de excursión, nesta ocasión a A casa do Queixo. Estamos seguros de que aprenderán moitas cousas e o pasarán xenial.

Aquí vos poño un enlace:
http://www.casadoqueixo.com/web/index.php

martes, 8 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE NO PARQUE DA PINGUELA

O venres pasado os alumnos de 1º fomos ao Parque da Pinguela para facer unha actividade de orientación. Utilizando un plano que nos deron as profes atopamos diversos obxectos polo parque. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre como orientarnos nun espazo cun plano sinxelo.

Actividade_Parque_da_Pinguela

lunes, 24 de octubre de 2011

ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O venres 21, como estaba previsto, 62 alumnos e alumnas do 3º Ciclo de Primaria acompañados polos mestres realizamos unha das etapas do Camiño de Santiago, a primeira de Galicia, que vai dende O Cebreiro a Triacastela.
Foi un percorrido duro, pero todos chegamos á meta despois de camiñar durante 21,5Km. Aquí podedes ver un vídeo coas imáxenes recollidas na xornada.



EXPERIENCIA COS SENTIDOS.

Aprobeitando que estamos a traballar o tema dos sentidos, os alumnos de 3º de primaria fomos ata o laboratorio para saborear, ulir e tocar.
Todos o pasamos xenial e aprendimos moitas cousas.

miércoles, 5 de octubre de 2011

CELEBRACIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO


O mércores 5 de outubro tivemos a Celebración de Principio de curso para os alumnos de 3º a 6º de E. Primaria.
Celebramos unha Eucaristía na igrexa do colexio oficiada polo P. Eladio e o P. José. Asistiron todos os alumnos do 2º e 3º Ciclos de Primaria, os mestres e algunhas familias que quixeron unirse.
Durante a Eucaristía o P.Eladio falounos moito sobre a Paz e o moito que o Papa Juan Pablo II loitara por levar a Paz a todo o mundo; ademais explicounos varias maneiras de colaborar coa Paz "Multiplicando Vida", como reza o lema deste curso.

lunes, 3 de octubre de 2011

Comeza o Ciclo de Teatro Infantil do Concello

Esta fin de semana dará comezo o Ciclo de Teatro Infantil que organiza o Concello de Monforte de Lemos. Tedes máis información neste enlace:

http://www.concellodemonforte.com/axendacultural.asp?id=2820
Un saúdo

jueves, 1 de septiembre de 2011

BENVIDOS!!

Neste curso estrenamos blog!
e nel teredes un seguimento das actividades e noticias de interese que se produzan en primaria