martes, 26 de febrero de 2013

... PARA PRACTICAR XEOGRAFÍA GALEGA

Aquí tedes un mapa de Galicia no que podedes practicar situando todos os axentes xeográficos estudados. 
O cabo Fisterra quedou algo escondido!!


jueves, 21 de febrero de 2013

GUIÓN ENTREVISTA



O guión non é pechado, é dicir, podedes engadir ou quitar preguntas a vosa elección. Se pensades que o voso entrevistado pode contarvos cousas interesantes acerca doutro tema, preguntade...
 Tedes que facelo nunha folla solta, non na libreta.(Expresión escrita, 10 puntos)
GUIÓN ENTREVISTA
Nome do entrevistado:________________
Idade (se é muller, é de mala educación preguntar…):_______________
Profesión:__________________
Que é o que máis che gusta do que fas? E o que menos?______________
Por que decidiches adicarte a esto?________________
Cambiando de tema, que opinas do uso do Galego na escola?____________
Por que crees que a maioría dos nenos cada vez falan menos Galego?________
Que importancia lle das ao uso das novas tecnoloxías dentro e fóra da escola?_________
.
.
.
PERSONAL
Unha cor:______________________
Un deporte:_____________________
Unha persoa que admires:__________________
Un desexo:_______________________
Un lugar para vivir:________________________
Se puideses cambiar algo no mundo que sería?_____________
.
.
Aquí tedes un exemplo de entrevista a Vicente Del Bosque que vos pode axudar:

http://fenomenodefenomenos.blogspot.com.es/2010/10/entrevista-vicente-del-bosque-el-lider.html

miércoles, 20 de febrero de 2013

MAPAS INTERACTIVOS PARA TRABALLAR COÑE

Nestes enlaces encontraredes mapas interactivos do relevo galego. Moitos accidentes xeográficos non os estudamos, pero "o saber non ocupa lugar..." No libro iremos subliñando as cousas que debemos estudar. Pasade un bo rato!

RELEVO GALEGO (MAPA FÍSICO)

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Relevo-de-Galicia-Como-se-chama/3ec7f40f-9b79-4c58-836f-428cb6d16571

PROVINCIAS GALEGAS (MAPA POLÍTICO)
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Provincias-de-Galicia-Onde-esta-/427d8aba-cc64-4449-a378-28243ffec45c

COMARCAS GALEGAS (ONDE ESTAMOS? MAPA POLÍTICO)
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Comarcas-de-Galicia-Crebacabezas-facil/851899f4-2d42-43d9-b7c4-92a29668e693

RÍOS GALEGOS
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Rios-de-Galicia-Como-se-chama/55734df0-73b1-4115-9108-10114e016fd8

AXUDA PARA CLASIFICAR ROCHAS(AMPLIACIÓN)

Adxunto unha páxina que pode ser de gran axuda para os rapaces que teñen colección de rochas. Moitas delas seguro que non as tedes, pero penso que seredes capaces de clasificar  algunha máis das que tiñades como dubidosas, e se non o facedes, seguro que vale a pena pasar un bo rato intentando descubrilo...

Copia este enlace na barra de direccións: 
 
http://www.slideshare.net/Naiara08/tipos-de-rocas-presentation

lunes, 18 de febrero de 2013

CHARLA EDUCACIÓN VIAL AUTOESCOLA

Os alumnos de 5º visitaron unha autoescola onde recibiron unha charla sobre educación vial, como comportarse como peóns e como pasaxeiros.





 

sábado, 16 de febrero de 2013

FESTA ENTROIDO

TEMOS MÁIS FOTOS DA FESTA DO VENRES, pinchade no álbum...

O venres tivemos unha pequena festa de disfraces no Colexio. Aquí vos

Festa_Entroido_Colexio
deixo as fotos e un vídeo do ben que o pasamos todos xuntos nos patios.



entroido 2013 from javier.escolapios on Vimeo.

jueves, 14 de febrero de 2013

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Dentro da Unidade de Electricidade e Magnetismo os alumnos de 6º elaboraron maquetas que incluían un circuito eléctrico.
Son traballos espectaculares e cos que os alumnos demostran ter comprendido o funcionamento da electricidade e os circuitos.
Esta é unha mostra dos traballos feitos:

CELEBRACIÓN DA CINZA

Como cada ano tivemos no día de hoxe a Celebración da Cinza, presidida polo P. Eladio para os alumnos de 3º a 6º.
Estas son algunhas das imaxes da celebración.
Celebración da cinza

lunes, 11 de febrero de 2013

¿SE APAGARÁ EL SOL?

Hoxe poño este vídeo porque esa pregunta fixéronma a semana pasada nunha clase de Coñecemento de 6º, ¿Apagarase o sol?

domingo, 10 de febrero de 2013

TABLAS DE MULTIPLICAR

¡¡¡Que difícil é isto das tablas de multiplicar!!!!

Por si vos serve de axuda a alumnos, mestres ou pais aquí tedes un enlace coas tablas que fai anos nos cantaron "Enrique y Ana".
Traballemos a Intelixencia Musical e melloremos nas tablas dunha maneira divertida.
Ánimo!!!

TABLAS DE ENRIQUE Y ANA (do 1 ao 10)

Aquí tedes como exemplo a do 8


jueves, 7 de febrero de 2013

A PRIMA DE "RIESGO"

XOVES DE COMADRES: "A PRIMA DE RIESGO"

Neste curso quixemos lembrar coa nosa comadre a esa "prima" que nos trae a mal traer a todos últimamente.


O 2º ciclo de primaria traballou arreo para facer a comadre, e quedoulles ben chuliña. Ademais xa empezamos a ser famosos, mirade que ben queda na cámara a nosa compañeira Fani.
Por certo podedes vernos no programa "A revista da tarde" da TVG, saímos a partires do minuto 42.



EL SABER NO OCUPA LUGAR

Para mentes curiosas: ¿POR QUÉ LAS CEBRAS TIENEN RAYAS?

E ANTES DO EXAME... REPASAMOS



 




Onte os nenos de 4º de primaria estiveron a repasar o exame dun xeito diferente. Fixemos un xogo de competición, no que os alumnos se realizaban as preguntas entre eles. Foi magnífico ver o ben que traballaban xuntos!!


miércoles, 6 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2013

Aquí vos deixamos unha montaxe co acto do Día da Paz que celebramos o mércores 30 na Explanada.




paz definitivo from javier.escolapios on Vimeo.

O mércores 30 conmemoramos o Día da Paz.

Ademáis da lectura dun manifesto por parte de José Luis Nieves, fixemos varios círculos formados por alumnos e mestres que representaban a Paz que se vai extendendo a todas as persoas; ademais bailamos ao son de "La Muralla" e lanzamos globos que levarán a nosa mensaxe de paz a todos os continentes da Terra.

Día da Paz 2013

martes, 5 de febrero de 2013

AS FRACCIÓNS

QUEN DIXO QUE AS FRACCIÓNS SON ABURRIDAS...

AQUÍ TEDES VARIOS XOGOS INTERACTIVOS PARA TRABALLAR CON ELAS.


http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/matematicas/fracciones/menuu1.html

O menú PARA MEDIR, está adaptado ao nivel.