jueves, 19 de diciembre de 2013

CERTAME MUNICIPAL DE PANXOLIÑAS

Outro ano máis os nosos coros volveron estar excepcionales no certame de panxoliñas que organiza o Concello.  NORABOA A TODOS OS RAPACES A AOS RESPONSABLES DOS COROS.



PRIMARIA from Oscar on Vimeo.





ACTIVIDADES 19 DE DECEMBRO

Por un lado hoxe tivemos a actuación do Mago Martín para toda a primaria, foi un momento moi divertido á vez que alucinante polos trucos de cartas, cordas e papeis que nos fixo. Aínda que a protagonista principal do espectáculo foi Francesca, de 1ºB, que saiu do escenario cun precioso sombreiro e bolso a xogo. 
Se queredes ver a actuación completa e en directo estará o día 3 de xaneiro no Multiusos.



Por outra parte os alumnos do colexio que acuden ao Conservatorio Adagio demostraron os seus avances nun miniconcerto de panxoliñas na Igrexa ao remate a obra de Nadal do 1º Ciclo.



miércoles, 18 de diciembre de 2013

OPERACIÓN QUILO

Un ano máis os alumnos de Infantil e Primaria do Colexio recollemos alimentos para colaborar coa campaña de Nadal de Cáritas. 
Este ano a campaña "Corazones Solidarios" volveu a recoller unha cantidade importantísima de alimentos para colaborar coa xente máis necesitada do Concello.
Dende aquí queremos agradecer a todas as familias que colaboran e adicárlles este vídeo que montamos sobre a Operación Quilo 2013.



operacion quilo from javier.escolapios on Vimeo.

jueves, 5 de diciembre de 2013

CALASANZ 2013

Aquí vos deixo un álbum no que irei engadindo as fotos ou vídeos que vaiamos tendo de todas as actividades que levaremos a cabo ao longo desta semana, na que conmemoramos a festividade do noso patrono e fundador, S. José de Calasanz.

Empezamos o martes 26 coa titoría sobre a figura de Calasanz e a elaboración dos "mini-alumnos" que seguen a Calasanz; para elo pegámolos no cartel preparado para a ocasión e no que figura o lema da semana "Escolapios x ti".
O xoves tivemos a actividade "Profes por un día". Os alumnos de 4º de ESO foron os "mestres" dos seus compañeiros de Infantil e Primaria durante a mañá. A actividade tivo un resultado excelente; todos (maiores e pequenos) quedaron con ganas de repetir.
O venres durante toda a mañá estivemos celebrando na Igrexa, tomando unha gran chocolatada e participando nunha xincana de xogos. Pola tarde tivemos a Eucaristía conxunta coas familias e os "pinchos" no comedor.



TRABALLO COOPERATIVO E.FÍSICA

 En 3º e 4º de Primaria estamos a facer un traballo cooperativo sobre Xogos Tradicionais e Populares. Despois de recabar a información os alumnos elaboran o seu traballo e expóñenllo á clase. Eles mesmos se poñen nota polo seu traballo no grupo, exposición e producto final.

Nas xornadas que nos quedan ata Nadal practicaremos os xogos que aportaron os alumnos e valoraremos cales son os que máis nos gustan e que grupo organiza mellos os seus xogos.

Aquí vedes algunha foto e incluso un vídeo das exposicións de traballos.