lunes, 26 de enero de 2015

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO PRIMARIA

Hoxe, os alumnos de 5º e 6º do Colexio Escolapios foron recibidos polo alcalde da nosa cidade, D. Severino Rguez. O motivo desta recepción era explicar de primeira man como os alumnos elaboraron a guía turística para nenos.

Durante unha semana, o colexio realizou varios proxectos interdisciplinares, dos que saíron distintos produtos finais. Un destes produtos foi a Guía Turística de Monforte para nenos.
Estes proxectos interdisciplinares, aos que se lle da gran importancia e valoración na nova lei educativa, posibilitan unha aprendizaxe diferente, axudando a desenvolver todas as capacidades e intelixencias dos alumnos.
Xa na reunión mantida os alumnos explicáronlle ao alcalde como foi o traballo realizado e a elaboración da guía; mantiveron con el unha charla animada na que se interesou polos lugares que máis lle chamaron a atención aos alumnos así como polas actividades que máis os motivaron mentres facían o traballo.








TORNEO DE XADREZ DE MONFORTE

O domingo 25 de xaneiro celebrouse no Centro do Viño o I Torneo de Xadrez Cidade de Monforte, no que participaron varios alumnos co colexio







.

En categoría alevín Jon Ander Martínez obtivo a medalla de ouro e Brais Álvarez quedou en 4º posto.

En categoría infantil medalla de ouro para Adolfo Díaz, plata Manuel Moure e bronce Pablo Pavón.

domingo, 25 de enero de 2015

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO E.P. "FOLLOW ME"

Xa podemos mostrar algún dos productos elaborados polos alumnos durante o Proxecto. Un deles, quizás o máis completo, é a Guía de Monforte en formato dixital. Podedes vela ou descargala picando na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B3K4BjlXFKzRdEtFbWl5cm9hbVk/view?usp=sharing


Picando nesta outra imaxe pódense ver as presentacións que elaboraron os rapaces sobre os diferentes lugares que escolleron para incluír na Guía Turística. 



viernes, 23 de enero de 2015

EXCURSIÓN 2º PRIMARIA


Na mañá de hoxe os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha excursión a Lugo para visitar as instalaciónss da empresa Torre de Núñez. Con esta saída quixemos que puideran ver o proceso de elaboración, transformación e conservación de productos alimentarios como o embutido, xamón, etc...






martes, 20 de enero de 2015

EDUCACIÓN VIAL

Durante a mañá de hoxe, e dentro da titoría de Educación Vial, os alumnos de 5º visitaron a Autoescola Lemos, da nosa localidade.
Alí recibiron as nocións básicas de como deben actuar na rúa, tanto como peóns como posibles ciclistas. Estiveron todos moi atentos e remataron a actividade tendo as ideas máis claras sobre cal é o comportamento correcto para que a convivencia nas rúas entre vehículos, ciclistas e peóns sexa a mellor posible.





lunes, 19 de enero de 2015

TORNEO DE XADREZ DE MONFORTE

O domingo 25, a partires das 10:00, celébrase o 1º Torneo de Xadrez "Concello de Monforte". Os alumnos que desexen apuntarse pódeno facer nas súas clases.

Información: