miércoles, 29 de abril de 2015

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS

Os alumnos de 5ºA estiveron na clase de Infantil 5A, onde os alumnos máis pequenos lles explicaron o proceso da metamorfose do gusano. Ademais poideron ver os gusanos que teñen na aula de Infantil e que alimentan cada día con follas de moreira.










jueves, 23 de abril de 2015

Las fases de la luna

Al igual que nuestros compañeros de 2ºA hemos realizado un trabajo cooperativo sobre las fases de la luna, y entre otras cosas hemos descubierto que...la luna miente!!

Cooperativo fases lunares from María Corujo López on Vimeo.

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Ola a todos!

Para que poidades estudar mellor as comunidades autónomas, as súas capitais  e as súas provincias poñemos neste blog un enlace con mapas flash que vos axudarán a memorizalas mellor e saber localizalas no mapa.

MAPAS FLASH ESPAÑA POLÍTICA


martes, 21 de abril de 2015

"WELCOME TO EUROPE"

Iniciamos un novo Proxecto de Comprensión na área de Coñecemento do Medio de 6º. Faremos un percorrido por Europa, a súa xeografía, climas, países e institucións comúns.
Para empezar analizamos os símbolos comúns, bandeira e himno, e empezamos cunha portada do Proxecto na que situamos os principais obxectivos sobre os que imos traballar, inciamos o traballo utilizando intelixencias como a musical e artística.


jueves, 16 de abril de 2015

EXCURSIÓN OURENSE

Os alumnos de Primaria que participaron na Comparsa de Entroido disfrutaron dun día de convivencia na cidade de Ourense.
Para empezar visita ás Burgas e paseo polo centro da cidade; comida no Centro Comercial e remataron a tarde disfrutando das augas termais das "pozas".
Un día intenso e emocionante.



BAILES REXIONAIS

Os alumnos de 5º de Primaria están a realizar un Proxecto de Comprensión sobre España baixo o título "Spain is different".
Unha das actividades coa que traballamos as intelixencias interpersonais, cinética e musical foi a representación de diferentes bailes rexionais; todo elo dentro das actividades de estudo das diferentes costumes do país.
Aquí vos deixamos un vídeo no que os alumnos nos demostran as súas dotes como bailaríns.


miércoles, 15 de abril de 2015

EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

Os alumnos de 5º realizamos unha excursión por varias zonas da Ribeira Sacra.
En primeiro lugar visitamos unha das máis grandes bodegas da zona, a "Rectoral de Amandi", onde nos explicaron o proceso que seguen as uvas dende que chegan á bodega ata que se comercializa o viño embotellado.
Despois fixemos unha ruta polos "Muíños do Xábrega", coñecida pola ruta dos Chancís e que acaba no Río Sil, por un dos paraxes máis fermosos do Concello de Sober.
Despois da parada para comer en Cadeiras, onde estivemos no mirador sobre o río, fomos á casa de Elías, un dos últimos alfareiros que queda no pobo de Gundivós. Alí explicounos o proceso de fabricación das pezas típicas da alfarería da zona, dende que se colle o barro e se lle empeza a dar forma ata a finalización no lume para facelas impermeables.
Foi un día intenso, mereceu a pena visitar lugares tan fermosos e ademais aprendimos moitos datos interesantes sobre diversos aspectos da nosa zona.

Aquí vos deixamos un álbum coas fotos da xornada.

Excursión Ribeira Sacra 5ºEP 2015

martes, 14 de abril de 2015

CONCURSOS ECOVOZ

Estas son as bases para poder para poder participar en dous concursos que organiza RadioVoz, Sogama e La Voz de Galicia.
Poden participar os alumnos de 6º de Primaria; os que o queiran facer deben informar ao mestre de Coñecemento.

sábado, 11 de abril de 2015

TELEXORNAIS 6ºEP

Os rapaces de 6º traballaron a expresión oral e escrita en galego realizando un telexornal. Elaboraron as noticias, documentándose como bós reporteiros e fixeron de presentadores do telexornal no que había noticias nacionais, internacionais, cultura, sociedade e deportes, sen esquecer as previsións meteorolóxicas.




miércoles, 8 de abril de 2015

As fases da Lúa

Deixámosvos unha pequena mostra do traballo cooperativo que fixemos na aula para afianzar o noso coñecemento sobre as fases da Lúa. De este xeito non esqueceremos que a Lúa minte....
















CONCURSO "ECOPREGUNTOIRO" EN RADIOVOZ


Enlaces para poder oír o programa Ecopreguntoiro, no que participaron os nosos alumnos de Primaria Lara M., Lara R., Lucía V., Brais R. e Diego L.
Fixérono moi ben e foron eliminados un pouco "inxustamente", pero o importante é o positiva que resultou a experiencia.

PARTE 1 DO PROGRAMA

PARTE 2 DO PROGRAMA

 Un grupo de alumnos de 6º desprazámonos a Ourense, ós estudos de radio de RadioVoz, para participar no programa "O Ecopreguntoiro", un concurso sobre temas de Coñecemento.
A pesares de non gañar o concurso (chegamos á pregunta de desempate na que non nos acompañou a sorte) foi unha experiencia moi boa, pasámolo moi ben, disfrutamos da mañá e da comida todos xuntos no Centro Comercial e incluso trouxemos uns agasallos que nos fixeron na sede da Voz de Galicia.








PARA TRABAJAR CON POLÍGONOS

Os dejamos unos cuantos juegos para practicar con los polígonos. ¡Esperamos que os gusten!

Clasificar polígonos 

Elementos de los polígonos 

Clasificaciones de triángulos

Clasificación triángulos (según lados)

Juego cuadriláteros

SAÍDA DÍA DA ARBORE

O día 23 de abril algúns alumnos de 3º fomos ao malecón a plantar un pradairo (arce en castelá) para celebrar a día da árbore.