DÍA FORESTAL MUNDIAL 21 de Marzo
Ola a tod@s!
Hoxe foi o día Forestal Mundial, e para conmemoralo, os alumnos de 3º de EP fomos plantar unha árbore ao Parque dos Condes.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do noso traballo.
Explícovos un pouco os pasos que seguimos. Primeiro, puxemos a árbore nun burato que xa tiñan feito os operarios de xardíns. Logo, botamos terra e minerais. Por último, aplastamos a terra e regámolo para que as burbullas de aire que quedaran baixo terra saíran.
Teremos que coidar moito as árbores para que medren fortes!
Non esquezades ir de cando en cando para ver como van!
miércoles, 21 de marzo de 2012
domingo, 18 de marzo de 2012
Unidade Didáctica de Voleibol en 3º e 6º
sábado, 17 de marzo de 2012
ENVIAMOS UNHA POSTAL!
Na última unidade de lingua galega, explicamos como escribir unha postal. E que mellor maneira de demostrar o que aprendimos, que enviando unha postal.
Así o fixemos. Todos os nenos de 3º A enviáronlle postal aos compañeiros de 3ªB, e viceversa.
Aquí vos quedan unhas fotos do momento en que levamos a postal ás oficinas de correos.
miércoles, 7 de marzo de 2012
LEITARIEGOS 2012
Aquí tedes outro vídeo onde se ven os grandes esquiadores que temos en 6º de Primaria
viernes, 2 de marzo de 2012
EXCURSIÓN LEITARIEGOS
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a excursión a Leitariegos de 6º de Primaria. Aínda que o tempo non acompañou demasiado disfrutamos de tres días de neve e actividades diferentes das habituais.
jueves, 1 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)