Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓNS. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2015

5º EP en Nigrán

Os alumnos de 5º de Primaria realizan, os días 11 e 12 de maio, unha excursión a Nigrán
Son dous días de convivencia con múltiples actividades relacionadas co mar e a praia.

Neste álbum que incluimos a continuación iremos poñendo todas as fotos que nos van chegando da excursión; tamén se pode seguir no twitter do Centro, @EscolapMonforte

Xa temos o álbum completo con 72 fotografías!!


jueves, 16 de abril de 2015

EXCURSIÓN OURENSE

Os alumnos de Primaria que participaron na Comparsa de Entroido disfrutaron dun día de convivencia na cidade de Ourense.
Para empezar visita ás Burgas e paseo polo centro da cidade; comida no Centro Comercial e remataron a tarde disfrutando das augas termais das "pozas".
Un día intenso e emocionante.



miércoles, 15 de abril de 2015

EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

Os alumnos de 5º realizamos unha excursión por varias zonas da Ribeira Sacra.
En primeiro lugar visitamos unha das máis grandes bodegas da zona, a "Rectoral de Amandi", onde nos explicaron o proceso que seguen as uvas dende que chegan á bodega ata que se comercializa o viño embotellado.
Despois fixemos unha ruta polos "Muíños do Xábrega", coñecida pola ruta dos Chancís e que acaba no Río Sil, por un dos paraxes máis fermosos do Concello de Sober.
Despois da parada para comer en Cadeiras, onde estivemos no mirador sobre o río, fomos á casa de Elías, un dos últimos alfareiros que queda no pobo de Gundivós. Alí explicounos o proceso de fabricación das pezas típicas da alfarería da zona, dende que se colle o barro e se lle empeza a dar forma ata a finalización no lume para facelas impermeables.
Foi un día intenso, mereceu a pena visitar lugares tan fermosos e ademais aprendimos moitos datos interesantes sobre diversos aspectos da nosa zona.

Aquí vos deixamos un álbum coas fotos da xornada.

Excursión Ribeira Sacra 5ºEP 2015