En primeiro lugar visitamos unha das máis grandes bodegas da zona, a "Rectoral de Amandi", onde nos explicaron o proceso que seguen as uvas dende que chegan á bodega ata que se comercializa o viño embotellado.
Despois fixemos unha ruta polos "Muíños do Xábrega", coñecida pola ruta dos Chancís e que acaba no Río Sil, por un dos paraxes máis fermosos do Concello de Sober.
Despois da parada para comer en Cadeiras, onde estivemos no mirador sobre o río, fomos á casa de Elías, un dos últimos alfareiros que queda no pobo de Gundivós. Alí explicounos o proceso de fabricación das pezas típicas da alfarería da zona, dende que se colle o barro e se lle empeza a dar forma ata a finalización no lume para facelas impermeables.
Foi un día intenso, mereceu a pena visitar lugares tan fermosos e ademais aprendimos moitos datos interesantes sobre diversos aspectos da nosa zona.
Aquí vos deixamos un álbum coas fotos da xornada.
Excursión Ribeira Sacra 5ºEP 2015 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario