No blog da ESO tes publñicada a lista de gañadores da gymkana do día de Calasanz deste ano.
viernes, 30 de noviembre de 2012
miércoles, 28 de noviembre de 2012
“MOITO HAS DE SABER PARA SETAS PODER COMER”
O mércores día 31 os
alumnos de 3º A e 3º B de primaria foron visitar o viveiro “Os Trollos”.
Pola mañá fixemos un
percorrido, acompañados por un técnico forestal , que nos foi explicando os
diferentes tipos de árbores e cogomelos
que atopábamos polo camino.
Á tarde, despois de
xantar, visitamos a aula da natureza na que nos ensinaron sementes e as diferentes utilidades que ten a
madeira.
Disfrutamos moito da
excursión e os nenos tomaron boa nota de todo o que nos ensinaron.
martes, 27 de noviembre de 2012
TRABALLO COOPERATIVO E.FÍSICA
Traballo Cooperativo sobre Xogos Populares en 4º de Primaria. Despois de investigar e elaborar os carteis de cada xogo agora só falta XOGAR
Cooperativo 3º-4º EP Xogos Populares |
lunes, 26 de noviembre de 2012
MAPAS MENTALES SOBRE OS APARATOS DO CORPO HUMANO
Cara o final da semana pasada, nas clases de 4ºA e B estivemos a realizar uns mapas mentais sobre os aparatos do corpo que estudiamos neste trimestre. Déixovos unhas fotos para que os podades ver.
mapas mentales 20-11-12 |
viernes, 23 de noviembre de 2012
NON PASES PASAPALABRA!!!
Os nenos de 4º fixéronse pasar por redactores e elaboraron roscos do Pasapalabra para traballar as definicións en Lingua Galega.O traballo cooperativo cada vez vai mellor!!!! Espero que pasedes un bo rato xogando en familia!
jueves, 22 de noviembre de 2012
APRENDIZAXE COOPERATIVO EN 5º
Tamén nas Clases de E.Física de 5º se pode facer Aprendizaxe Cooperativo.
Neste caso o traballo é sobre o deporte do hoquei. Faremos un traballo cooperativo que servirá para que os rapaces coñezan moitos máis datos sobre este deporte.
Neste caso o traballo é sobre o deporte do hoquei. Faremos un traballo cooperativo que servirá para que os rapaces coñezan moitos máis datos sobre este deporte.
Cooperativo 5ºA |
miércoles, 21 de noviembre de 2012
A PRACTICAR MULTIPLICACIÓNS!
Para que aprendades ben as tablas de multiplicar,
para que non perdades a práctica na multiplicación,
póñovos aquí un enlace a unha aplicación na rede na que poñeredes a proba as vosas aptitudes á hora de multiplicar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)