Charla
por un Entroido Solidario
A concelleira de
Educación, Pilar López, celebrou no noso centro unhas charlas que tivo como
obxectivo a procura dun Entroido solidario. Tamén participou o técnico de Medio
Ambiente do Concello.
Con esta iniciativa
preténdese buscar solucións á práctica nada solidaria de estragar alimentos
durante o Entroido. O obxectivo desta charla informativa é concienciar á
mocidade sobre a difícil situación que atravesan moitas familias e a necesidade
de facerlle fronte mediante o exercicio da solidariedade, motivo polo que
celebrar o Entroido lanzándo alimentos como ovos ou fariña non é o máis
apropiado.
Ademais da charla, distribuiuse
un bando municipal no que se alude ó espírito do Entroido, rexeitando as
actuacións que nada teñen que ver con el. Este bando, xunto cunha carta
explicando a situación e advertindo sobre a posibilidade de sancionar a quen
lance alimentos na rúa, repartiuselle aos alumnos.