Hoxe, os alumnos de 5º e 6º
do Colexio Escolapios foron recibidos polo alcalde da nosa cidade, D. Severino
Rguez. O motivo desta recepción era explicar de primeira man como os alumnos
elaboraron a guía turística para nenos.
Durante unha semana, o
colexio realizou varios proxectos interdisciplinares, dos que saíron distintos
produtos finais. Un destes produtos foi a Guía Turística de Monforte para
nenos.
Estes proxectos
interdisciplinares, aos que se lle da gran importancia e valoración na nova lei
educativa, posibilitan unha aprendizaxe diferente, axudando a desenvolver todas
as capacidades e intelixencias dos alumnos.
Xa na reunión mantida os
alumnos explicáronlle ao alcalde como foi o traballo realizado e a elaboración
da guía; mantiveron con el unha charla animada na que se interesou polos
lugares que máis lle chamaron a atención aos alumnos así como polas actividades
que máis os motivaron mentres facían o traballo.