
jueves, 16 de febrero de 2012
sábado, 11 de febrero de 2012
ATLETISMO 5º
Os alumnos de 5º fomos a Pinguela para facer Salto de Lonxitude. Aquí tedes unha mostra.
viernes, 10 de febrero de 2012
SAN BRAIS
O día 3 de febreiro, subimos a San Vicente todos os nenos de 1º de primaria a cumprir coa tradición de bendecir as rosquiñas e as cintas. Escoitamos a misa, vimos a San Brais que estaba cheíño de frío e cintas. O sacerdote preguntounos durante a misa de onde viñamos e contounos a historia desta tradición. Ao final puxémonos as cintas benditas e comemos as roscas todos xuntos e ben seguro que durante este ano non nos poñeremos mal da gorxa. Foi unha xornada moi divertida e pese ao frío, despois de subir e baixar acabamos con moita calor.
jueves, 9 de febrero de 2012
HIXIENE BUCODENTAL
Mª José é dentista e deunos unha charla esta semana aos nenos do primeiro ciclo, o luns foron os nosos compañeiros de 2º e o mércores tocounos aos de 1º para aprender a cepillarnos ben os dentes e moitas cousas máis....tanto aprendimos que ao final puxémolo nunha poesía a carón dun debuxo de Coco que é un peluche co que a dentista nos ensinou a forma correcta de cepillarnos. E por riba déronnos uns agasallos.....qué sorte tivemos!
miércoles, 1 de febrero de 2012
CABALGATA DE REIS

Como "máis vale tarde que nunca", aquí vos deixo unha foto na que vemos aos nosos alumnos colaborando coas Súas Maxestades os Reis Magos na cabalgata de Reis deste Nadal pasado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










