miércoles, 6 de junio de 2012

Excursión a Ourense de 5º Primaria

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da excursión que fixeron os alumnos de 5º de Primaria a Ourense, onde visitamos as distintas dependencias da comisaría da Policía Local, o centro comercial Ponte Vella e as termas de Outariz. Tamén dimos unha voltiña pola cidade atravesando pontes (Vella e do Milenio) e pasarelas sobre o Miño.


Aquí tedes un álbum de fotos da excursión:
Excursión 5º a Ourense

 






miércoles, 9 de mayo de 2012

VISITA 5º PRIMARIA ÁS INSTALACIÓNS DE RENFE

Aquí tedes unha mostra da visita que realizamos os alumnos de 5º ás instalacións de RENFE en Monforte.
Visitamos a estación, oficinas, centro de control e subimos a un tren de cercanías, onde vimos o funcionamento da máquina.
Ademais tamén visitamos o museo que está nas instalacións da estación.
Visita RENFE 5ep

viernes, 27 de abril de 2012

EXCURSIÓN SEMANA VOCACIONAL 6º

Con motivo de la semana vocacional visitamos la bodega "Rectoral de Amandi" donde Antonio nos mostró la bodega y nos habló del proceso que experimenta el vino desde la viña a nuestras mesas. Después fuimos a la Rectoral de Gundivos, aquí Elias nos habló de la rectoral e hizo una demostración de alfarería tradicional de Gundivos.

jueves, 26 de abril de 2012

O mundo da química de Antonio Casares

A V edición do Día do Científico está dedicada ó ilustre científico monfortino Antonio Casares Rodríguez no ano en que se produce o bicentenario do seu nacemento que tivo lugar en 1812.

A actividade O mundo da química de Antonio Casares está organizada pola Real Academia Galega das Ciencias. Será o sábado 28 ás 11:00 na Praza de España.

Neste enlace tes máis información:

http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=2927

martes, 24 de abril de 2012

Excursión a Lugo

Ola a tod@s:

O venres día 20 de abril os alumnos do segundo ciclo de primaria fomos de excursió a capital da nosa provincia. Visitamos as instalacións do periódico El Progreso, a fábrica de cafés Las Candelas, o Centro de Interpretación da Muralla e fixemos un pequeno percorrido pola Muralla de Lugo.
Aquí vos deixo unha foto do grupo, e nos próximos días colgarei mais.


martes, 10 de abril de 2012

UN DÍA NO CLUBE FLUVIAL



Que tal tod@s?
O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, os alumnos de terceiro de primaria fomos ata o Clube Fluvial de Monforte. Ademáis de xogar, estivemos facendo actividades coma si estivésemos na aula, pero coa vantaxe de facelo ao aire libre.

Foi un día moi divertido e todos o pasamos xenial.
Como sempre, aquí vos deixo unha pequena mostra fotográfica da nosa excursión.