miércoles, 6 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2013

Aquí vos deixamos unha montaxe co acto do Día da Paz que celebramos o mércores 30 na Explanada.




paz definitivo from javier.escolapios on Vimeo.

O mércores 30 conmemoramos o Día da Paz.

Ademáis da lectura dun manifesto por parte de José Luis Nieves, fixemos varios círculos formados por alumnos e mestres que representaban a Paz que se vai extendendo a todas as persoas; ademais bailamos ao son de "La Muralla" e lanzamos globos que levarán a nosa mensaxe de paz a todos os continentes da Terra.

Día da Paz 2013

martes, 5 de febrero de 2013

AS FRACCIÓNS

QUEN DIXO QUE AS FRACCIÓNS SON ABURRIDAS...

AQUÍ TEDES VARIOS XOGOS INTERACTIVOS PARA TRABALLAR CON ELAS.


http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/matematicas/fracciones/menuu1.html

O menú PARA MEDIR, está adaptado ao nivel.




jueves, 31 de enero de 2013

COMPADRES

MILIKI, O NOSO COMPADRE

Este ano realizaron o compadre as familias do 1º Ciclo. Quixemos facer unha pequena homenaxe a Miliki, e fomos á Praza de España co noso compadre e os nenos disfrazados de paiasos da tele.
A verdade é que o pasamos moi ben, e finalmente déronnos un dos accésit polo traballo realizado.
Aquí tedes algunhas fotos:

Compadres

miércoles, 30 de enero de 2013

POR UN ENTROIDO SOLIDARIO


Charla por un Entroido Solidario

A concelleira de Educación, Pilar López, celebrou no noso centro unhas charlas que tivo como obxectivo a procura dun Entroido solidario. Tamén participou o técnico de Medio Ambiente do Concello.




Con esta iniciativa preténdese buscar solucións á práctica nada solidaria de estragar alimentos durante o Entroido. O obxectivo desta charla informativa é concienciar á mocidade sobre a difícil situación que atravesan moitas familias e a necesidade de facerlle fronte mediante o exercicio da solidariedade, motivo polo que celebrar o Entroido lanzándo alimentos como ovos ou fariña non é o máis apropiado.

Ademais da charla, distribuiuse un bando municipal no que se alude ó espírito do Entroido, rexeitando as actuacións que nada teñen que ver con el. Este bando, xunto cunha carta explicando a situación e advertindo sobre a posibilidade de sancionar a quen lance alimentos na rúa, repartiuselle aos alumnos.