domingo, 10 de marzo de 2013

BOCATA STYLE

Temos máis fotos do día do bocata, pinchando no álbum.
Para motivar aos alumnos para o Día do Bocata Solidario os alumnos de 6ºA pasaron polas clases para ofrecernos a súa particular interpretación do éxito de moda "Bocata Style".


Tamén podedes ver un vídeo da espectacular actuación que realizaron en 5ºA.


bocata style from javier.escolapios on Vimeo.

ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS


Temos moitas máis fotos cedidas por unha familia do colexio.

COMPARSA DE ENTROIDO

Neste curso a comparsa fíxose sobre o tema “Alicia en el país de las maravillas”, alí


Comparsa entroido
 estaban o coello, Alicia, a reina de corazóns, o sombrereiro louco e moitas máis personaxes da historia.


Como o clima non acompañou no desfile de comparsas de Monforte, aló nos fomos a Ferreira o domingo seguinte para participar no desfile que alí se organiza.

Obtivemos dous segundos premios, un en Monforte e outro en Ferreira.



comparsa from javier.escolapios on Vimeo.

jueves, 7 de marzo de 2013

MERCADILLO NA CLASE

Hoxe fixemos un simulacro de mercadillo de segunda man  na clase para seguir traballando o proxecto de comprensión. Os nenos utilizaron 50 céntimos para mercar cousas que os seus compañeiros xa non utilizaban. A verdade é que había auténticas gangas!



COMEZAMOS CO TEATRO

Os de 4º tivemos un pequeno contacto co teatro, realizando no Salón de actos pequenas obras teatrais.
 Só tivemos 10 minutiños para preparalas e non sairon nada mal! Foron moi divertidas, pero as que virán serán mellores...
Todas tiñan que estar relacionadas con normas de educación ou comportamento.
Aquí, unha pequenísima mostra:

miércoles, 6 de marzo de 2013

MONEY, MONEY, MONEY....

A semana pasada comezamos un proxecto de comprensión na área de matemáticas. Neste proxecto coñeceremos mellor o noso sistema monetario, aprenderemos a valorar os gastos en función do diñeiro do que se dispón e coñeceremos en que outros países da Unión Europea tamén teñen o euro.

  Primeiro, comezamos a montar un mural cos distintos billetes e moedas.

Tamén, nos grupos base,  os nenos relizaron unha pequena dramatización na que tiñan que escenificar unha situación de compraventa. Sabede que temos grandes actores na clase!!

martes, 26 de febrero de 2013

... PARA PRACTICAR XEOGRAFÍA GALEGA

Aquí tedes un mapa de Galicia no que podedes practicar situando todos os axentes xeográficos estudados. 
O cabo Fisterra quedou algo escondido!!


jueves, 21 de febrero de 2013

GUIÓN ENTREVISTA



O guión non é pechado, é dicir, podedes engadir ou quitar preguntas a vosa elección. Se pensades que o voso entrevistado pode contarvos cousas interesantes acerca doutro tema, preguntade...
 Tedes que facelo nunha folla solta, non na libreta.(Expresión escrita, 10 puntos)
GUIÓN ENTREVISTA
Nome do entrevistado:________________
Idade (se é muller, é de mala educación preguntar…):_______________
Profesión:__________________
Que é o que máis che gusta do que fas? E o que menos?______________
Por que decidiches adicarte a esto?________________
Cambiando de tema, que opinas do uso do Galego na escola?____________
Por que crees que a maioría dos nenos cada vez falan menos Galego?________
Que importancia lle das ao uso das novas tecnoloxías dentro e fóra da escola?_________
.
.
.
PERSONAL
Unha cor:______________________
Un deporte:_____________________
Unha persoa que admires:__________________
Un desexo:_______________________
Un lugar para vivir:________________________
Se puideses cambiar algo no mundo que sería?_____________
.
.
Aquí tedes un exemplo de entrevista a Vicente Del Bosque que vos pode axudar:

http://fenomenodefenomenos.blogspot.com.es/2010/10/entrevista-vicente-del-bosque-el-lider.html