domingo, 15 de febrero de 2015

FESTA ENTROIDO

O venres 13 celebramos no Centro unha festa de Entroido na que os alumnos e mestres nos disfrazamos para empezar a disfrutar destes días de festa, disfraces e música.

Aquí temos un vídeo coas mellores imaxes e  un álbum coas fotos que aparecen no vídeo.



festa_entroido_2015

sábado, 14 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

Despois do titorial sobre como elaborar o tocado do entroido; queremos compartir agora o maquillaxe que Imaxinatia realizará para os participantes na comparsa, o martes a partires das 13:00h (na Biblioteca do Centro, entrada por Primaria).




TITORIAL DO TOCADO PARA A COMPARSA DE ENTROIDO

jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES DE COMADRES

Este xoves tocoulle o turno ás comadres, de novo a ANPA do Centro, dende a ludoteca que está a funcionar na Biblioteca, preparou a participación do centro; neste caso elaborouse unha "Monster Hide". 
De novo un grupo de alumnos, esta vez máis numeroso, as monitoras e algúns mestres acudimos á Praza de España, onde nos concederon outra vez o 2º premio do certame. 
Para máis información visitar o blog da ANPA

http://anpaescolapiosmonforte.blogspot.com.es/2015/02/e-outra-semana-que-seguimos-cos.html





miércoles, 11 de febrero de 2015

LEITARIEGOS DÍA 3

Última xornada da excursión a Leitariegos. Outro día extraordinario de climatoloxía, disfrutamos de novo do esquí e da paisaxe nevada.



Chegamos a Monforte xa de noite, cansados... pero mañá hai que voltar ao traballo.

martes, 10 de febrero de 2015

LEITARIEGOS DÍA 2

Empezamos o segundo día cun bó almorzo para coller forzas para a xornada que temos por diante.









Fotografía de todo o grupo

PROYECTO LENGUA CASTELLANA

Esta semana hemos comenzado a trabajar en un revista con conjugaciones y normas ortográficas. En grupo elaboraremos todas sus partes: nombre de la revista, portada, índice, contenidos, contraportada...
¡A ver qué sale de estos magníficos redactores!

lunes, 9 de febrero de 2015

EXCURSIÓN 6º EP A LEITARIEGOS

Como cada ano os alumnos de 6º de Primaria realizan unha excursión de 3 días para disfrutar da neve e practicar o esquí.
Neste curso a saída é a estación de Leitariegos, dende o luns 9 de febreiro ata o 11 de febreiro.

Aquí temos xa as fotos que nos enviaron o primeiro día de excursión: