miércoles, 27 de enero de 2016

UNHA PEQUENA AXUDA: MAPAS ESPAÑA 4º

Colgo uns cantos enlaces para traballar os mapas de España. Espero que vos sexa de axuda.

Se navegades un pouco pola páxina (http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm) encontraredes distintas actividades para traballar o tema.

Comunidades Autónomas

Capitais das Comunidades Autónomas

Provincias

FANTÁSTICAS REVISTAS SOBRE ANIMAIS

Déixovos unhas cantas fotos das revistas elaboradas polos rapaces de 4º.













lunes, 25 de enero de 2016

PARA ESTUDAR O RELEVO E AS AUGAS DE GALICIA

Ola a todos!!

Deixámosvos uns mapas do que saber situar neste curso. Nun deles tedes os ríos e encoros, e no outro o relevo de interior e de costa.

Tamén deixamos un mapa mudo para que o poidades imprimir e practicar a situación do relevo.
     

Invitámosvos a que cliquedes na etiqueta de situación e o navegador vos levará a ver Galicia. Fixádevos nas zonas de costa, nas montañas, nos ríos....

viernes, 22 de enero de 2016

REVISTAS DE ANIMAIS

En Naturais levamos unha tempada inmersos no mundo dos animais. Cada rapaz elaborou unha pequena revista na que incluíu características, fotos, debuxos e curiosidades do reino animal.

Hai verdadeiras xoias!







martes, 19 de enero de 2016

TITORIAIS ENTROIDO

Próximas xa as datas de Entroido aquí vos deixamos dous titorias sobre como realizar dous completementos do traxe para a Comparsa. 

En primeiro lugar os pasos para a realización da Diadema.



A continuación o titorial para a realización do Casco.

 

Por último unhas imaxes do casco rematado e do patrón utilizado para a súa confección. 
No caso do patrón se se imprime debe ser en tamaño A3 para que as medidas correspondan co casco que se elaborou no vídeo.


 

domingo, 20 de diciembre de 2015

3º CICLO NO NADAL

Como todos os anos por estas datas, no colexio mostramos a nosa solidariedade. Neste vídeo que vedes a continuación aparecen diferentes actividades realizadas o último día antes das vacacións de Nadal, esperamos que vos guste e...
         ¡¡¡MOI FELICES FESTAS A TODOS!!!

 

jueves, 17 de diciembre de 2015

CORO DE PRIMARIA EN LAS PANXOLIÑAS 2015

Una actuación inmejorable del coro de Jose Luís Nieves interpretando una adaptación del aleluya de Leonard Cohen.


CORO DE PRIMARIA EN LAS PANXOLIÑAS 2015 from escolamon on Vimeo.

Algunas fotos de los dos coros del colegio.