sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Despois de celebrar os xoves de Compadres e Comadres, este venres organizamos unha pequena festa de disfraces para os alumnos de Infantil e Primaria nos patios do Centro.
Todos os alumnos, dende os máis pequenos de Infantil ata os maiores de 6º disfrutaron da tarde; os disfraces foron espectaculares, moi coidados e conseguidos.

Aquí tedes un vídeo do evento e un álbum coas fotos da tarde.





viernes, 5 de febrero de 2016

AO ENCONTRO DA PAZ

Porque la música no entiende de idiomas ni de banderas de ningún tipo, ese fue el lenguaje que utilizamos todos los que formamos parte del colegio para celebrar el día de la Paz y No Violencia.



miércoles, 3 de febrero de 2016

TREASURE 3EP

En clase de Plástica de 3º de Primaria estamos a completar o camiño para ir á busqueda do tesouro, ao encontro da amizade, da colaboración, da lingua e da aprendizaxe.



martes, 2 de febrero de 2016

ÁRBORE XENEALÓXICA 1ºEP

En 1ºEP, en Lingua Galega e Inglés-AMCO estamos traballando de maneira conxunta ás árbores xenealóxicas.



Árbore xenealóxica 1ºEP

MAPAS MENTAIS

Excelente traballo dos alumnos de 6º nos Mapas Mentais sobre Poboación e Sectores Productivos.



Mapas Mentales 6ºEP

sábado, 30 de enero de 2016

AS NOSAS TRES ALUMNAS PREMIADAS NO CERTAME DE POESÍA DE NADAL. NORABOA!!

Carla Dapena, Carla Rodríguez e Ángela Álves, animáronse a participar no Certame de Poesía de Nadal e os seus poemas, resultaron premiados.
O vindeiro xoves 28, acudimos á Biblioteca Municipal.


Recolleron o premio de mans do alcalde.



Moi ledas, levaron para a casa un libro e un diploma.

miércoles, 27 de enero de 2016

PREPARÁNDONOS PARA O "DÍA DA PAZ"

Durante esta semana estamos a prepararnos para a conmemoración do Día da Paz, que celebraremos o venres ás 12:30 na Explanada, diante da porta da Igrexa do Colexio.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades que estamos a realizar e dos ensaios para o acto do venres.
Esperámosvos a todos o venres. Pasarémolo ben e faremos a nosa contribución como Comunidade Educativa para formentar a paz no mundo.