domingo, 28 de octubre de 2012

RUTA POR MONFORTE DO 3º CICLO

O venres 26 os alumnos do 3º Ciclo fixemos unha ruta por Monforte de Lemos.
Empezamos cunha oración conxunta no Salón de Actos do Colexio.
Os alumnos de 5º visitamos o Pazo de Muíños de Antero, no Malvarón. Foi un lugar moi interesante de ver, á vez que moi descoñecido, pois á algo que non se visita moi a miúdo en Monforte. Debemos agradecer a Rosenda e ao seu pai Matías os bós guías que foron na "casa das mirillas". Tamén se pode visitar en Internet, na web http://www.pazomolinosdeantero.com
Mentres tiña lugar esta visita os alumnos de 6º realizaban no Colexio unha actividade do CIM do Concello de Monforte sobre "Violencia de Xénero".
Despois fomos ata a Torre da Homenaxe do Castelo de San Vicente, onde Xosé nos realizou unha visita moi curiosa baseada na elaboración do DNI da Torre. Esta visita e as actividades posteriores xa as fixemos os catro cursos do Ciclo.
A comida foi no parque de A Florida, un sitio moi agradable para comer con tranquilidade e xogar un pouco.
Para rematar viñemos ata o Colexio, onde celebramos o magosto e invitamos ao resto de Ciclos a comer castañas.
¡UN DÍA COMPLETO!!!!

Ruta por Monforte 2012

sábado, 13 de octubre de 2012

TRABALLO COOPERATIVO 6ºEP

Os alumnos de 6º de Primaria realizamos un traballo en grupos cooperativos sobre "A alimentación". Nun primeiro momento fixemos unha investigación guiada sobre os grupos de alimentos, o que nos aportan e as necesidades de cada grupo, para finalmente elaborar uns menús saudables que enviamos ao comedor do colexio como proposta para poder ser utilizados nalgunha ocasión durante o curso.
Aquí deixamos unhas fotografías sobre o proceso e un arquivo cos traballos elaborados nos portátiles ABALAR polos alumnos.

TRABALLOS DE ALUMNOS

trb_coop_alimentacion_6ep

jueves, 11 de octubre de 2012

PARA SABER MAIS DO APARATO CIRCULATORIO



Ola a tod@s:

En cuarto de primaria estamos a ver os distintos aparatos do noso corpo que participan na nutrición humana. Para ampliar os nosos coñecementos e para axudar a enternder mellor o funcionamento do aparato circulatorio vouvos deixar aquí un enlace a unha interesante aplicación da Xunta de Castilla la Mancha, no que se ve moi clariño o seu funcionamento:
http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/conocimiento_del_medio/el_aparato_circulatorio_humano/contenido/index.html

Espero que vos pareza interesante.