O C.I.M. do Concello de Monforte realizou cos alumnos e alumnas de 6º de Primaria unha actividade de sensibilización polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Durante 3 xornadas estiveron nas clases de 6º dando información e material para a elaboración de camisetas con lemas sonbre o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
O pasado día 30 de outubro, os alumnos de 4º de primaria fomos de visita ao viveiro Os Trollos (Bóveda). Os nosos obxectivos nesta saída foron: Recoñecer aspectos naturais (flora, fauna), relacionados co bosque e desenvolver actitudes de
respeto e de interese cara a natureza.
Explicación do garda forestal
Ás explicacións de Ramón Mantilla, do garda do viveiro e dos nosos mestres, axudáronnos a comprender un pouco mais o comportamento dalgunhas plantas e os usos destas, ademáis de darnos consellos útiles para desenvolvernos mellor no medio natural.
Todo o grupo semellando... unha seta!
Distintos tipos de setas atopadas no viveiro
Lembrade a importancia deste dito que nos deixou Xosé, o garda forestal, para ter en conta cando vexamos setas: "Moito tes que saber para setas comer".
Que tal vai o curso?
Levamos mes e medio e xa recordamos moitas das cousas que estudiaramos o curso pasado e tamén aprendimos otras novas neste curso. Moitas nos quedan por aprender, pero para poder repasar e descubrir os contidos dos diferentes cursos de primaria, e, incluso da ESO, vouvos deixar un enlace que espero que vos guste e lle saquedes probeito.