jueves, 27 de noviembre de 2014

VISITAMOS O VIVEIRO DE "OS TROLLOS"

Bos días a todos!




Xa tardaba en poñer as fotos! A semana pasada os alumnos de 3º e 4º de primaria visitamos o viveiro de "Os Trollos", en Bóveda. Como sempre que vamos alí, acolléronnos estupendamente, polo que temos que agradecerlle ao axente forestal José que nos explicara tantas cousas. 


Nesta visita, os nenos viron as características do bosque na época do ano na que nos atopamos: o outono, como son as especies de árbores da nosa zona, distintos fungos que medran no bosque, como recoñecer por onde pasaron os animais que hai por alí...



 Durante a próxima semana traballaremos sobre o cómic que nos regalaron no viveiro e estudaremos as funcións vitais dos animales e plantas. 

 


martes, 25 de noviembre de 2014

CALASANZ, VEN E VERÁS



CALASANZ

Empezamos a semana de Calasanz, o noso "director"; o mellor posible para uns "protagonistas" especiais, os alumnos.




ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Seguindo coas actividades do "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero", participamos no acto organizado polo Concello na Praza de España, onde mostramos os carteis elaborados no taller realizado no Centro.






  










Con motivo do "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero", o próximo 25 de novembro, os alumnos de 5º realizaron un taller sobre o tema.
A actividade consistiu nunha charla sobre a importancia da igualdade entre as persoas e da eliminación de estereotipos machistas, para despois elaborar un cartel que se exporá o día 25 no acto que terá lugar na Praza de España.





 



viernes, 21 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO PRIMARIA "FOLLOW ME"

PRESENTACIÓN A FAMILIAS

Unha vez rematada a semana de Proxecto, o venres pola tarde, fixemos unha presentación ás familias dos resultados acadados.
Reunimos a alumnos e pais no Salón de Actos e alí os alumnos explicaron como foi o traballo e expuxemos os productos realizados; tamén contamos coa presencia do director, Óscar Blanco.
Foi unha activididade moi gratificante para os alumnos, na que viron recompensado o esforzo da semana.



miércoles, 19 de noviembre de 2014

REPASO CLASES DE PALABRAS (ANÁLISIS MORFOLÓGICO)

Con la cantidad de clases de palabras que ya conocemos debemos ir practicando poco a poco. Os dejo algunos enlaces con juegos interactivos que os pueden ayudar a practicar de una forma más lúdica. Cada una de las clases comienzan con ejercicios sencillos y se van complicando poco a poco. Lo único que no hemos dado son las actividades de "Clases de..." y "Escoge el tiempo..."
No dudes en consultar el libro o al profe.

SUSTANTIVOS I (fácil)
ADJETIVOS I (fácil)
VERBOS I (fácil)
DETERMINANTES



jueves, 13 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO E.P. "FOLLOW ME"

AVALIACIÓN DE ALUMNOS

Unha das actividades finais do Proxecto foi a avaliación por parte dos alumnos foi a avaliación. Por un lado de forma individual valoraron o seu propio traballo e o dos seus compañeiros; por outro lado, en asamblea, valoraron o propio Proxecto.
O vídeo que acompañamos é un extracto desta última actividade, pensamos que merece a pena mostralo, aínda que non ten moi boa calidade.