viernes, 1 de mayo de 2015

SEMANA VOCACIONAL

No 3º Ciclo de Primaria, dentro da Semana Vocacional, realizamos un "Deixarse Preguntar" especial, no que contamos coa presenza de 5 persoas que adican a súa vida a unha labor á que chegaron seguindo a súa vocación.
Estiveron compartindo as súas experiencias cos alumnos e respondendo a todas as preguntas que estes lles plantexaron. Contamos co sacerdote Ramón Piñeiro, o veterinario Honorio Buitrón, o adestrador de taekwondo José María Vega, a nai de acollida Sandra López e a coidadora do "C.E.E Infanta Elena" Mª Dulce Díaz.
Foi unha tarde moi productiva para os alumnos por todo o que alí escoitaron e que rematou cunha foto de grupo diante do colexio.



miércoles, 29 de abril de 2015

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS

Os alumnos de 5ºA estiveron na clase de Infantil 5A, onde os alumnos máis pequenos lles explicaron o proceso da metamorfose do gusano. Ademais poideron ver os gusanos que teñen na aula de Infantil e que alimentan cada día con follas de moreira.










jueves, 23 de abril de 2015

Las fases de la luna

Al igual que nuestros compañeros de 2ºA hemos realizado un trabajo cooperativo sobre las fases de la luna, y entre otras cosas hemos descubierto que...la luna miente!!

Cooperativo fases lunares from María Corujo López on Vimeo.

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Ola a todos!

Para que poidades estudar mellor as comunidades autónomas, as súas capitais  e as súas provincias poñemos neste blog un enlace con mapas flash que vos axudarán a memorizalas mellor e saber localizalas no mapa.

MAPAS FLASH ESPAÑA POLÍTICA


martes, 21 de abril de 2015

"WELCOME TO EUROPE"

Iniciamos un novo Proxecto de Comprensión na área de Coñecemento do Medio de 6º. Faremos un percorrido por Europa, a súa xeografía, climas, países e institucións comúns.
Para empezar analizamos os símbolos comúns, bandeira e himno, e empezamos cunha portada do Proxecto na que situamos os principais obxectivos sobre os que imos traballar, inciamos o traballo utilizando intelixencias como a musical e artística.


jueves, 16 de abril de 2015

EXCURSIÓN OURENSE

Os alumnos de Primaria que participaron na Comparsa de Entroido disfrutaron dun día de convivencia na cidade de Ourense.
Para empezar visita ás Burgas e paseo polo centro da cidade; comida no Centro Comercial e remataron a tarde disfrutando das augas termais das "pozas".
Un día intenso e emocionante.



BAILES REXIONAIS

Os alumnos de 5º de Primaria están a realizar un Proxecto de Comprensión sobre España baixo o título "Spain is different".
Unha das actividades coa que traballamos as intelixencias interpersonais, cinética e musical foi a representación de diferentes bailes rexionais; todo elo dentro das actividades de estudo das diferentes costumes do país.
Aquí vos deixamos un vídeo no que os alumnos nos demostran as súas dotes como bailaríns.