Mais vale tarde que nunca!
Ainda que xa pasou unha semana, aquí vos deixo algunha das fotos da nosa excursión do pasado día 1 a A Coruña.
Todos o pasamos xenial. No aquarium vimos como lles daban de comer as focas, moitas especies diferentes de animais mariños, e ata un tiburón, que, case se zampa a uns cuantos alumnos!, menos mal que Lara escapou!, (ji,ji, ji).

Aquarium Finisterrae:
Despois fomos a Casa das Ciencias onde estivemos manipulando todos os aparellos que por alí había. Fixádevos que forza pulmonar ten Carla! Menuda pompa de xabón que fixo! É como non, nun lugar onde hai tanta ciencia, tivemos que tomarnos un tempo para pensar. Despois relaxámonos vendo unha proxección do firmamento chulísima.