miércoles, 27 de marzo de 2013
martes, 26 de marzo de 2013
MARIÑEIROS POR UN DÍA
O día 22 de marzo os alumnos de 5º de Primaria
participamos na actividade “Mariñeiros por un día” na costa norte de Lugo.
A actividade desenvólvese nas instalacións
portuarias de Celeiro.
En primeiro lugar fomos á lonxa, onde “Charli”
nos explicou como funciona a subasta de pescado e nos ensinou varias clases de
peixe, como pescadas do pincho ou de malla, congrio, lirio, etc. Ademáis tamén
nos levou aos tanques onde manteñen vivo ao marisco que chega ao porto.
Despois Máximo deunos unhas cantas leccións
sobre maneiras de pescar e sobre vocabulario relacionado coa pesca. Nas
instalacións da confraría estivemos na sala onde fan as prácticas de náutica,
na enfermería, sala de rádar e sala de radio; ata falamos cun barco que estaba
próximo ao porto.
Finalmente acabamos a xornada nun estupendo
restaurante onde tomamos unha comida a base de productos do mar.
celeiro.mp4 from javier.escolapios on Vimeo.
lunes, 25 de marzo de 2013
DÍA FORESTAL MUNDIAL 2.013
O día 21 de marzo celébrase o Día Forestal
Mundial; neste curso os alumnos de 6º participamos na actividade organizada
polo Concello de Monforte.
Dita actividade consistiu na planta de dous
“robles americanos” na zona do embarcadeiro do Parque dos Condes. O técnico de
Medio Ambiente do Concello e os oprearios da brigada de parques e xardíns
guiaron aos alumnos na planta, explicándolle a importancia da terra axeitada,
unha correcta rega, o abono xusto e a colocación dun “titor” que guíe a árbore.
lunes, 18 de marzo de 2013
domingo, 17 de marzo de 2013
O CLIMA
Ola a todos,
Estamos a estudar o clima en España e en Galicia, e para que sexa mais doado entendelo e saber mais curiosidades sobre el, deixovos aquí uns enlaces nos que consultar.
http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/b/03/animaciones/a_fb26_01.html
http://proyectos.cnice.mec.es/arquimedes/movie.php?usuario=2&nivel=1&movie=fp005/gm001/md009/ut001/0flash/movie.swf
http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es-ma_2010052112_9121453/false
Espero que vos divirtades estudando!!
Estamos a estudar o clima en España e en Galicia, e para que sexa mais doado entendelo e saber mais curiosidades sobre el, deixovos aquí uns enlaces nos que consultar.
http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/b/03/animaciones/a_fb26_01.html
http://proyectos.cnice.mec.es/arquimedes/movie.php?usuario=2&nivel=1&movie=fp005/gm001/md009/ut001/0flash/movie.swf
http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es-ma_2010052112_9121453/false
domingo, 10 de marzo de 2013
BOCATA STYLE
Para motivar aos alumnos para o Día do Bocata Solidario os alumnos de 6ºA pasaron polas clases para ofrecernos a súa particular interpretación do éxito de moda "Bocata Style".
Tamén podedes ver un vídeo da espectacular actuación que realizaron en 5ºA.
bocata style from javier.escolapios on Vimeo.
Tamén podedes ver un vídeo da espectacular actuación que realizaron en 5ºA.
bocata style from javier.escolapios on Vimeo.
ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS
Temos moitas máis fotos cedidas por unha familia do colexio.
COMPARSA DE ENTROIDO
COMPARSA DE ENTROIDO
Neste curso a
comparsa fíxose sobre o tema “Alicia en el país de las maravillas”, alí
estaban
o coello, Alicia, a reina de corazóns, o sombrereiro louco e moitas máis
personaxes da historia.
Comparsa entroido |
Como o clima
non acompañou no desfile de comparsas de Monforte, aló nos fomos a Ferreira o
domingo seguinte para participar no desfile que alí se organiza.
Obtivemos dous
segundos premios, un en Monforte e outro en Ferreira.
comparsa from javier.escolapios on Vimeo.
jueves, 7 de marzo de 2013
MERCADILLO NA CLASE
Hoxe fixemos un simulacro de mercadillo de segunda man na clase para seguir traballando o proxecto de comprensión. Os nenos utilizaron 50 céntimos para mercar cousas que os seus compañeiros xa non utilizaban. A verdade é que había auténticas gangas!
COMEZAMOS CO TEATRO
Os de 4º tivemos un pequeno contacto co teatro, realizando no Salón de actos pequenas obras teatrais.
Só tivemos 10 minutiños para preparalas e non sairon nada mal! Foron moi divertidas, pero as que virán serán mellores...
Todas tiñan que estar relacionadas con normas de educación ou comportamento.
Aquí, unha pequenísima mostra:
miércoles, 6 de marzo de 2013
MONEY, MONEY, MONEY....
A semana pasada comezamos un proxecto de comprensión na área de matemáticas. Neste proxecto coñeceremos mellor o noso sistema monetario, aprenderemos a valorar os gastos en función do diñeiro do que se dispón e coñeceremos en que outros países da Unión Europea tamén teñen o euro.
Primeiro, comezamos a montar un mural cos distintos billetes e moedas.
Tamén, nos grupos base, os nenos relizaron unha pequena dramatización na que tiñan que escenificar unha situación de compraventa. Sabede que temos grandes actores na clase!!
Primeiro, comezamos a montar un mural cos distintos billetes e moedas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)