O día 22 de marzo os alumnos de 5º de Primaria
participamos na actividade “Mariñeiros por un día” na costa norte de Lugo.
A actividade desenvólvese nas instalacións
portuarias de Celeiro.
En primeiro lugar fomos á lonxa, onde “Charli”
nos explicou como funciona a subasta de pescado e nos ensinou varias clases de
peixe, como pescadas do pincho ou de malla, congrio, lirio, etc. Ademáis tamén
nos levou aos tanques onde manteñen vivo ao marisco que chega ao porto.
Despois Máximo deunos unhas cantas leccións
sobre maneiras de pescar e sobre vocabulario relacionado coa pesca. Nas
instalacións da confraría estivemos na sala onde fan as prácticas de náutica,
na enfermería, sala de rádar e sala de radio; ata falamos cun barco que estaba
próximo ao porto.
Finalmente acabamos a xornada nun estupendo
restaurante onde tomamos unha comida a base de productos do mar.
celeiro.mp4 from javier.escolapios on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario