Vimos o helicóptero por dentro, sentámonos no asiento do piloto, e el e máis a copiloto explicáronnos como se pilota, como cargan o Bambi de auga, e moitas preguntas que se nos ocurrían.
Os rapaces da cuadrilla de extinción de incendios ensináronnos como é o seu equipo (mono, casco, botas,...) e como son as ferrementas que se utilizan na extinción de incendios.
Estivemos tamén na torre de vixiancia, onde nos explicaron como coordinaban as saídas do helicóptero ou da cuadrilla.