O día 30 os alumnos e mestres do 3º Ciclo fixemos un "Xogo de Cidade" para coñecer mellor a nosa vila.
Empezamos a mañá cunha oración conxunta no Salón de Actos; tivemos moita sorte pois acompañounos o P. General dos Escolapios, que estaba de visita no colexio.
Por suposto non podía faltar a canción que dirixe Lucía:
ORACIÓN 3º CICLO from javier.escolapios on Vimeo.
Despois pasamos ao xogo, cada grupo tiña que atopar 9 lugares de Monforte (coas pistas que se lle daban) e sacar unha foto orixinal en cada un deses lugares.
TORRE DA HOMENAXE ESCOLAPIOS MOSTEIRO DAS CLARISAS
CASA DO CONCELLO PONTE MEDIEVAL CAPELA DE CARUDE
PRAZA DE ESPAÑA PORTA DA ALCAZABA ESTACIÓN DE RENFE
Estas son as fotos en cada lugar, pero tiñamos bastantes máis:
Para rematar a mañá comimos no Parque da Florida. E
rematamos co magosto no Colexio.
¡¡Un día completo!!!
(Se pinchas en cada foto
verás os álbums completos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario