Foi a nosa segunda experiencia despois do Torneo de A Barrela.
Aquí tedes algunhas fotos do evento.
Torneo Centro Caixanova Monforte
Vimos de participar no Torneo Intercolexial de Xadrez de A Barrela. Acudimos cos mellores clasificados no torneo celebrado con anterioridade no noso Centro. Foi unha mañá de convivencia e intercambio con alumnos doutros centros, e ademais serviu para perfeccionar o nivel que temos no deporte do xadrez. Esperemos que isto anime aos alumnos a involucrarse máis nesta actividade tan positiva para o desenvolvemento de capacidades tan básicas para a aprendizaxe como son a capacidade de concentración e atención, o razonamento, a previsión e ao mesmo tempo valores como a deportividade, xogo limpo, etc...
No hay comentarios:
Publicar un comentario