Fotografía: La Voz de Galicia |
Esta semana os rapaces de 3º e 4º fomos camiñando ata o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra. Pasámolo moi ben e realizamos moitas actividades (visita ao museo, elaboración dun caderno con preguntas relacionadas coa nosa incríble zona, aperitivo...).
Moitas grazas ao persoal do centro por tratarnos tan ben!
Voltaremos!