A clase dividiuse en dous equipos, cada un deles tiña que defender a súa postura sobre a inmigración, independentemente das conviccións persoais.
Foi unha boa experiencia, os rapaces foron quen de debatir ideas moi interesantes sempre nun tono de respecto e escoita aos demais.