Unha das conmemoracións máis destacada da nosa cidade é o Día de San Brais, coa bendición das roscas e cintas, que segundo di a tradición protexeránnos dos males de garganta durante o ano. Para participar en dita celebración e que os alumnos coñezan mellor diversas tradicións relixiosas da cidade os alumnos e mestres do 3º Ciclo de Primaria participamos na Eucaristía celebrada na igrexa do Colexio; ademáis cada un puxemos a cinta que nos protexerá ao longo do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario