Por fin teño un ratiño para poder poñer algo sobre a nosa excursión ao albergue de Quiroga.
O pasado mércores día 27, os alumnos de caurto de primaria e tres profesores empezamos a nosa excursión visitando a Cova das Choias, en Biduedo (Puebla de Brollón). Os alumnos quedaron abraiados por unha especie de musgo en perigo de estinción, o Musgo lumninoso o Schistostega pennata, xa que según como lle de a luz vese de cor verde fosforita.
Despois desta visita, chegamos a Quiroga onde visitamos o MUSEO XEOLÓXICO, PALEONTOLÓXICO E MINEIRO. O seu guía, explicoulles aos rapaces as características xeolóxicas de Galicia. Explicoulles moi ben o Pliegue de Campodola-Leixazós, para que despois pola tarde o localizásemos dende a estrada que vai de Quiroga a Folgoso do Courel.
Ademáis, despois de comer, visitamos o museo Etnolóxico de Quiroga. Alí a súa guía explicounos os aparellos e utensilios dos nosos antepasados na súa labor diaria. Nel vimos as distintas áreas do museo: produción textil, bodega, muiño e aceite, a fragua, a castaña, o mel, o pendello, o sector louseiro ou a carpintería, e incluso un coche de fabricación artesanal dun veciño de Quiroga.
Neste mueso tamén se atopa parte do decorado da película de animación en stop-motion 3D, O Apóstolo.
Logo de ver este museo, partimos cara o Val das Mouras (facede clic sobre o nome para información sobre o Val). É un lugar máxico!
Despois desta visita fantástica, e de asearnos e repoñer forzar cunha boa cea, tivemos un ratiño para ir á disco.
Ó día seguinte fomos todo día á Praia Fluvial de San Clodio. Alí esperábanos un día de multiaventura: rocódromo, rapel, tiro con arco, ponte tibetano e corda de equilibrio, ... e despois de comer un chapuzón no río.
... e despois destes dous días tan intensos, de volta a casiña para descansar antes das festas do Colexio.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.