jueves, 14 de junio de 2012

CONCURSO DE MAQUETAS DO CONCELLO

A maqueta elaborada polo 3º Ciclo de Primaria resultou gañadora do "Concurso de Medio Ambiente" convocado polo Concello de Monforte.
Todas as maquetas están expostas no Multiusos ata o día 7, e a nosa exporase tamén do 12 ao 15 de xuño en IFEMA (Madrid), dentro da "Feria Internacional de Urbanismo y Medio Ambiente". Pasádevos por calquera dos dous lugares, pois merece a pena verse. De todas formas aquí van unhas fotos para que vexades o noso traballo. 


Foto na que vedes a maqueta na feira TECMA en Madrid:



Enlace á páxina do Concello na que se informa do Concurso











domingo, 10 de junio de 2012

Excursión A Coruña

Mais vale tarde que nunca!

Ainda que xa pasou unha semana, aquí vos deixo algunha das fotos da nosa excursión do pasado día 1 a A Coruña.
Todos o pasamos xenial. No aquarium vimos como lles daban de comer as focas, moitas especies diferentes de animais mariños, e ata un tiburón, que, case se zampa a uns cuantos alumnos!, menos mal que Lara escapou!, (ji,ji, ji). 

Aquarium Finisterrae:




Despois fomos a Casa das Ciencias onde estivemos manipulando todos os aparellos que por alí había. Fixádevos que forza pulmonar ten Carla! Menuda pompa de xabón que fixo! É como non, nun lugar onde hai tanta ciencia, tivemos que tomarnos un tempo para pensar. Despois relaxámonos vendo unha proxección do firmamento chulísima.
Casa das Ciencias:





viernes, 8 de junio de 2012

EDUCAPEQUES: APRENDER XOGANDO

Ola a todos,
Con vistas a que xa temos a volta da esquina as vacacións, deixovos un enlace para unha páxina web educativa que aos vosos nenos lles resultará moi interesante e dirvertida. Ten actividades para todos os niveis de primaria e tamén para infantil. Tedes actividades de atención, memoria observación, matemáticas, comprensión lectora...
Será un xeito diferente de repasar certos  conceptos do curso e de entreterse aprendendo cousas novas.

http://www.educapeques.com/gesfomedia

Espero que vos guste!

jueves, 7 de junio de 2012

PREMIOS LETRAS GALEGAS

2º Clasificado categoría B de Narración:    ISMAEL PÉREZ FERNÁNDEZ

A entrega do premio será o martes 5 ás 12:00 na Biblioteca Municipal

http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=3004




Aquí tedes a ISMAEL coa clase celebrando a consecución do premio.

miércoles, 6 de junio de 2012

Excursión a Lodoselo











Aínda que tardaron un pouquiño, aquí tedes o ben que o pasamos os nenos e nenas de 1º na excursión a Lodoselo: fixemos o pan como antigamente, verdade que estaba ben rico? Uhmm. Logo demos un paseo moi especial, fixemos distintos talleres e ata unha carteira para encher de euros..., e os animaliños estaban moi contentos de ter tan ilustres invitados.




























Excursión a Ourense de 5º Primaria

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da excursión que fixeron os alumnos de 5º de Primaria a Ourense, onde visitamos as distintas dependencias da comisaría da Policía Local, o centro comercial Ponte Vella e as termas de Outariz. Tamén dimos unha voltiña pola cidade atravesando pontes (Vella e do Milenio) e pasarelas sobre o Miño.


Aquí tedes un álbum de fotos da excursión:
Excursión 5º a Ourense