Unha das conmemoracións máis destacada da nosa cidade é o Día de San Brais, coa bendición das roscas e cintas, que segundo di a tradición protexeránnos dos males de garganta durante o ano. Para participar en dita celebración e que os alumnos coñezan mellor diversas tradicións relixiosas da cidade os alumnos e mestres do 3º Ciclo de Primaria participamos na Eucaristía celebrada na igrexa do Colexio; ademáis cada un puxemos a cinta que nos protexerá ao longo do ano.domingo, 8 de febrero de 2015
SAN BRAIS
Unha das conmemoracións máis destacada da nosa cidade é o Día de San Brais, coa bendición das roscas e cintas, que segundo di a tradición protexeránnos dos males de garganta durante o ano. Para participar en dita celebración e que os alumnos coñezan mellor diversas tradicións relixiosas da cidade os alumnos e mestres do 3º Ciclo de Primaria participamos na Eucaristía celebrada na igrexa do Colexio; ademáis cada un puxemos a cinta que nos protexerá ao longo do ano.lunes, 26 de enero de 2015
PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO PRIMARIA
Durante unha semana, o
colexio realizou varios proxectos interdisciplinares, dos que saíron distintos
produtos finais. Un destes produtos foi a Guía Turística de Monforte para
nenos.
Xa na reunión mantida os
alumnos explicáronlle ao alcalde como foi o traballo realizado e a elaboración
da guía; mantiveron con el unha charla animada na que se interesou polos
lugares que máis lle chamaron a atención aos alumnos así como polas actividades
que máis os motivaron mentres facían o traballo.
TORNEO DE XADREZ DE MONFORTE
.
En categoría alevín Jon Ander Martínez obtivo a medalla de ouro e Brais Álvarez quedou en 4º posto.
En categoría infantil medalla de ouro para Adolfo Díaz, plata Manuel Moure e bronce Pablo Pavón.
domingo, 25 de enero de 2015
PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO E.P. "FOLLOW ME"
Xa podemos mostrar algún dos productos elaborados polos alumnos durante o Proxecto. Un deles, quizás o máis completo, é a Guía de Monforte en formato dixital. Podedes vela ou descargala picando na imaxe.
Picando nesta outra imaxe pódense ver as presentacións que elaboraron os rapaces sobre os diferentes lugares que escolleron para incluír na Guía Turística.
Picando nesta outra imaxe pódense ver as presentacións que elaboraron os rapaces sobre os diferentes lugares que escolleron para incluír na Guía Turística.
Etiquetas:
5º EP,
6º EP,
TRABALLOS ALUMNOS
viernes, 23 de enero de 2015
EXCURSIÓN 2º PRIMARIA
Na mañá de hoxe os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha excursión a Lugo para visitar as instalaciónss da empresa Torre de Núñez. Con esta saída quixemos que puideran ver o proceso de elaboración, transformación e conservación de productos alimentarios como o embutido, xamón, etc...
martes, 20 de enero de 2015
EDUCACIÓN VIAL
Durante a mañá de hoxe, e dentro da titoría de Educación Vial, os alumnos de 5º visitaron a Autoescola Lemos, da nosa localidade.
Alí recibiron as nocións básicas de como deben actuar na rúa, tanto como peóns como posibles ciclistas. Estiveron todos moi atentos e remataron a actividade tendo as ideas máis claras sobre cal é o comportamento correcto para que a convivencia nas rúas entre vehículos, ciclistas e peóns sexa a mellor posible.
Alí recibiron as nocións básicas de como deben actuar na rúa, tanto como peóns como posibles ciclistas. Estiveron todos moi atentos e remataron a actividade tendo as ideas máis claras sobre cal é o comportamento correcto para que a convivencia nas rúas entre vehículos, ciclistas e peóns sexa a mellor posible.lunes, 19 de enero de 2015
TORNEO DE XADREZ DE MONFORTE
O domingo 25, a partires das 10:00, celébrase o 1º Torneo de Xadrez "Concello de Monforte". Os alumnos que desexen apuntarse pódeno facer nas súas clases.
Información:
Información:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










