lunes, 9 de febrero de 2015

AGENCIA DE VIAJES ESCOLAPIOS

La semana pasada estuvimos trabajando la expresión (entre otras cosas), elaborando unos estupendos folletos para intentar venderle al profe un viaje. Alguno fue tentador aunque algo caro. Eso sí, daban ganas de embarcarse hacia la aventura.
Esta semana estarán expuestos en el pasillo y además empezaremos a trabajar las conjugaciones con un proyecto. 



domingo, 8 de febrero de 2015

XOVES DE COMPADRES

A ANPA do Centro, dende a ludoteca que está a funcionar na Biblioteca, preparou a participación no xoves de Compadres, coa elaboración de varios "Minions". Un grupo de alumnos, as monitoras e algúns mestres acudimos á Praza de España, onde nos concederon o 2º premio do certame. 
Para máis información visitar o blog da ANPA 

http://anpaescolapiosmonforte.blogspot.com.es/2015/02/empezamos-o-mes-de-febreiro.html






SAN BRAIS

Unha das conmemoracións máis destacada da nosa cidade é o Día de San Brais, coa bendición das roscas e cintas, que segundo di a tradición protexeránnos dos males de garganta durante o ano. Para participar en dita celebración e que os alumnos coñezan mellor diversas tradicións relixiosas da cidade os alumnos e mestres do 3º Ciclo de Primaria participamos na Eucaristía celebrada na igrexa do Colexio; ademáis cada un puxemos a cinta que nos protexerá ao longo do ano.


lunes, 26 de enero de 2015

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO PRIMARIA

Hoxe, os alumnos de 5º e 6º do Colexio Escolapios foron recibidos polo alcalde da nosa cidade, D. Severino Rguez. O motivo desta recepción era explicar de primeira man como os alumnos elaboraron a guía turística para nenos.

Durante unha semana, o colexio realizou varios proxectos interdisciplinares, dos que saíron distintos produtos finais. Un destes produtos foi a Guía Turística de Monforte para nenos.
Estes proxectos interdisciplinares, aos que se lle da gran importancia e valoración na nova lei educativa, posibilitan unha aprendizaxe diferente, axudando a desenvolver todas as capacidades e intelixencias dos alumnos.
Xa na reunión mantida os alumnos explicáronlle ao alcalde como foi o traballo realizado e a elaboración da guía; mantiveron con el unha charla animada na que se interesou polos lugares que máis lle chamaron a atención aos alumnos así como polas actividades que máis os motivaron mentres facían o traballo.








TORNEO DE XADREZ DE MONFORTE

O domingo 25 de xaneiro celebrouse no Centro do Viño o I Torneo de Xadrez Cidade de Monforte, no que participaron varios alumnos co colexio







.

En categoría alevín Jon Ander Martínez obtivo a medalla de ouro e Brais Álvarez quedou en 4º posto.

En categoría infantil medalla de ouro para Adolfo Díaz, plata Manuel Moure e bronce Pablo Pavón.

domingo, 25 de enero de 2015

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO E.P. "FOLLOW ME"

Xa podemos mostrar algún dos productos elaborados polos alumnos durante o Proxecto. Un deles, quizás o máis completo, é a Guía de Monforte en formato dixital. Podedes vela ou descargala picando na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B3K4BjlXFKzRdEtFbWl5cm9hbVk/view?usp=sharing


Picando nesta outra imaxe pódense ver as presentacións que elaboraron os rapaces sobre os diferentes lugares que escolleron para incluír na Guía Turística. 



viernes, 23 de enero de 2015

EXCURSIÓN 2º PRIMARIA


Na mañá de hoxe os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha excursión a Lugo para visitar as instalaciónss da empresa Torre de Núñez. Con esta saída quixemos que puideran ver o proceso de elaboración, transformación e conservación de productos alimentarios como o embutido, xamón, etc...