martes, 30 de abril de 2013

POR QUE AS CEBOLAS FAN QUE CHOREN OS OLLOS?

UN PUZZLE MOI ESPAÑOL!!

Aquí vos deixo unha mostra do divertido que pode ser porse a estudar as comunidades e provincias españolas. Un puzzle moi español que nos trouxo unha compañeira de 4ºA de Primaria. Animádevos e poñédeo en práctica na vosa casa!

lunes, 29 de abril de 2013

VISITA Á BASE DE "O MARROXO"

Os alumnos de 3º e 4º de primaria, visitamos a base de prevención e extinción de incendios forestais do Marroxo. Os traballadores da base, explicáronnos todos os traballos que realizaban nas súas saídas ó monte para extinguir os incendios e o seu quefacer diario na base.
Vimos o helicóptero por dentro, sentámonos no asiento do piloto, e el e máis a copiloto explicáronnos como  se pilota, como cargan o Bambi de auga, e moitas preguntas que se nos ocurrían.
Os rapaces da cuadrilla de extinción de incendios ensináronnos como é o seu equipo (mono, casco, botas,...) e como son as ferrementas que se utilizan na extinción de incendios.
Estivemos tamén na torre de vixiancia, onde nos explicaron como coordinaban as saídas do helicóptero ou da cuadrilla. 

 





domingo, 28 de abril de 2013

SEMANA VOCACIONAL 3º CICLO

Para empezar a Semana Vocacional 2013, que este ano ten o lema "Multiplicando vocacións multiplicamos vida e fe", realizamos a actividade "Multiplicando corazóns".

O venres tivemos dúas actividades, por un lado a charla do P.Pepe sobre vocación misioneira, na que nos relatou a súa experiencia de misión en Guinea e respondeu a moitas preguntas que lle fixemos. E por outra parte á tarde os alumnos expuxeron as visitas e actividades feitas durante a semana.

miércoles, 24 de abril de 2013

lunes, 22 de abril de 2013

OS ALUMNOS DE 5º B VISITAN A POLICIA

Co motivo da "Semana Vocacional" os alumnos de 5º B visitaton as instalacións da Policia Nacional.

Na imaxen os alumnos mostran o seu carnet de Policia Infantil.
 

domingo, 14 de abril de 2013

"O Tren"

En 5º de Primaira, na área de Galego, realizamos un proxecto de comprensión co título de "O tren". Para rematar elaboramos unha coreografía coa canción do mesmo título de Andrés do Barro.

o tren 5a from javier.escolapios on Vimeo.

o tren 5b from javier.escolapios on Vimeo.