Adicaremos a tarde a traballar vocabulario e expresións relacionadas cos mares, ríos...
Recordade que mañá pola mañá sairemos a desfrutar do novo paseo polo Cabe e a observar en primeira persoa as cousas traballadas nestes días: cursos do río, elementos, a conservación do medio, a vida na auga... Todo o que vexamos o plasmaremos con verbas no diario do proxecto.
Deíxovos algunhas fotos nas que podedes observar o fantástico traballo.