- Arquivo de texto cos datos da viaxe
- Folla de cálculo co presuposto final axustado á cantidade de diñeiro da que dispoñían
- Presentación de diapositivas cun resumo da viaxe e actividades que realizarían.
Continuamos cos ensaios para a actividade do venres tarde e por fin, pola tarde....
Dinámica para aplicar o explicado pola mañá sobre o funcionamento do Metro dunha cidade. Os mestres foron os trenes nas 4 liñas que tiña a nosa "cidade" e os rapaces tiveron que chegar dun punto de saída a outro de destino utilizando un plano do metro e facendo os cambios necesarios de liña para que o percorrido fora o máis rápido posible.
Como cada día rematamos cunha reflexión da xornada e anotacións en diario e portfolio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario