ANIMACIÓNS PREPARADAS POLOS ALUMNOS DE 2º CICLO DE PRIMARIA
3ºA EP
3ºB EP
4ºA EP
4ºB EP

para que despois os nenos os representasen mediante mímica e os dimáis compañeiros as adiviñasen.
Mañá será un día moi emocionante, pola mañá realizaremos a avaliación do Proxecto e pola tarde faremos unha presentación de todos os materiais elaborados á que se invitou ás familias.
Hoxe foi o cuarto día do noso proxecto. Comezamos a xornada vendo a película de Wall-e. Ao rematar, subimos á clase e contestamos un cuestionario sobre hábitos saudables no que tiñamos que contestar se eran verdadeiras ou falsas unhas afirmacións. 

Despóis do recreo, fixemos unha enquisa aos alumnos da ESO relativa á reciclaxe. Coas respostas destes compañeiro elaboramos unha gráfica na que puidemos evidenciar que os alumnos da ESO están a favor da reciclaxe e co sistema de recollida de lixo na nosa cidade.
Pola tarde, coa axuda da pirámide dos alimentis os nosos alumnos elaboraron un menú semanal moi saudable. Cada grupo nos comentou o contido dos seus menús.
Para rematar a xornada, estivemos traballando actividades interactivas sobre o medio ambiente.(Activades medioambientais.).