O último día de proxecto é o de valoracións, reflexións e avaliacións finais, pero como cada día empezamos recibindo aos alumnos no corredor do Ciclo, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a xornada.
A primeira actividade foi a autoavaliación e coavaliación; cada alumno fixo unha valoración do seu propio traballo e actitude durante a semana e da dos seus compañeiros, para elo utilizamos unha rúbrica con varios ítems de valoración.
Despois, no salón de actos, tivo lugar unha asamblea na que todos os que o desexaron e en alta voz, comentaron as súas impresións sobre a semana de traballo.
Como colofón, xa pola tarde, presentamos ás familias os productos finais elaborados neste proxecto, as guías dixital e manuscrita e as presentacións feitas en Power-point. Estivemos acompañados polo Director e incluso veu a prensa.
Foi un gran final para unha semana moi intensa...
Pero aínda houbo tempo ao final da tarde para celebrar o magosto co resto de compañeiros de Infantil e Primaria.
ÁLBUM DE FOTOS DA XORNADA
Pronto más vídeos sobre el Proyecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario