1,2,3... 2º CICLO, ACCIÓN!
Co
ánimo de achegar o cine aos máis pequenos, este proxecto pretende darlles
algunha ferramenta para poder desfrutar do contido das películas e poder
extraer ensinanzas e críticas das mesmas.
O visionado das películas son unha excusa para amosar e chegar a conceptos e realidades relevantes dentro deste mundo. Ademáis, cada clase terá un día para organizar o visionado das curtas nos recreo: acomodar, venda de entradas, presentación da curta…
Cada día realizaremos actividades relacionando as películas cos contidos propios do curriculo do noso ciclo.
DÍA 1: SHREK - PAJARILLOS
Neste día os alumnos do 2ºciclo viron a película de “Shrek” no
salón de actos do colexio. Despois do visionado do filme, nas aulas respectivas, traballaron a descrición de paisaxes e
personaxes, tanto en galego como en castelán.
Na hora do recreo proxectouse un
corto para toda a primaria, os nenos colleron cada un a súa entrada na taquilla
do noso cine.
Pola tarde, no pavillón, realizamos unha actividade de educación física. Todo o ciclo participou nun circuito no que se simulaba a escena do rescate da princesa Fiona por Shrek escapando da dragoa.
Logo nas aulas traballáronse os valores que se reflicten nas
personaxes da película.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.