Empezamos
recibindo aos alumnos no Salón de Actos, onde fixemos a oración do día e lles
explicamos o Proxecto que realizaremos ao longo da semana, os obxectivos que
perseguimos, o que esperamos deles e como imos avalialos durante o proceso.
Tamén
lles explicamos o traballo do día, esto farémolo todos os días ás 10:00
Despois
cada clase foi recibida na nosa “Oficina de Turismo” por Ami, a nosa guía
plurilingüe. Mostroulles a Oficina de Turismo do proxecto e entregoulles as
credenciais que os identificarán ao longo da semana.
Xa
en cada clase os alumnos termiraron de cumplimentar as credenciais cos seus
datos e despois cada titor cos seus alumnos fixo un visionado dun vídeo de
Monforte (emitido na TVG) que serviu de base para a 1ª actividade de traballo
en grupos, unha rutina “Vexo, penso e pregúntome” sobre o vídeo de Monforte.
Esta
actividade xa se fixo en grupos mixtos (cada grupo ten varios alumnos de cada clase),
utilizamos 5 espacios diferentes (aulas do Ciclo e aula de inglés).
No
perído de tarde tivemos unha charla por Xosé Martínez sobre diferentes aspectos
da nosa vila, como foron historia, lugares representativos, lendas,
tradicións... Os alumnos tomaron nota do que alí escoitaron e ao final fixemos
unha rolda de preguntas.
Para
rematar esta primeira xornada cada grupo elaborou un listado, en orde de
preferencia, daqueles lugares da cidade que lle mostrarían a un rapaz da súa
idade que se achega por primeira vez a Monforte.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ÁLBUM COAS FOTOGRAFÍAS DO DÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario