DIA 4 WALL-E - PARTY CLOUDY
Hoxe foi o cuarto día do noso proxecto. Comezamos a xornada vendo a película de Wall-e. Ao rematar, subimos á clase e contestamos un cuestionario sobre hábitos saudables no que tiñamos que contestar se eran verdadeiras ou falsas unhas afirmacións.
No recreo proxectamos a curtametraxe Party Cloudy. Coma en días anteriores, aquí vos deixo o enlace para que poidades volver a vela.
Despóis do recreo, fixemos unha enquisa aos alumnos da ESO relativa á reciclaxe. Coas respostas destes compañeiro elaboramos unha gráfica na que puidemos evidenciar que os alumnos da ESO están a favor da reciclaxe e co sistema de recollida de lixo na nosa cidade.
Pola tarde, coa axuda da pirámide dos alimentis os nosos alumnos elaboraron un menú semanal moi saudable. Cada grupo nos comentou o contido dos seus menús.
Para rematar a xornada, estivemos traballando actividades interactivas sobre o medio ambiente.(Activades medioambientais.).
Mañá remataremos o noso proxecto, e amosareivos as curtas dos nosos alumnos.