Empezamos recibindo aos alumnos outra vez no Salón de Actos, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a lles explicamos a xornada.
Tendo en conta que os obxectivos principais do Proxecto son o coñecemento da cidade e a mellora do traballo en grupos cooperativos as actividades de hoxe seguen encamiñadas nese sentido.
Empezamos co "Diario do Proxecto", hoxe facemos referencia ao traballo do luns, a partir de hoxe esta tarefa farémola cada día ás 17:15 como parte final da xornada. Un exemplo é o de Inés (5ºB)
Despois empezamos un traballo moi relacionado coa competencia matemática e cientifica, situamos nun plano de Monforte os lugares emblemáticos que escollimos e despois trasládamolos a un plano xigante colocado no corredor do Ciclo.
Durante a mañá empezamos xa o traballo de búsqueda de información para as referencias que terá a nosa guía e por outra parte un grupo de alumnos comezou o deseño do Blog de Ciclo que se vai iniciar neste proxecto, e que quedará para posteriores proxectos ou traballos.
ENLACE AO BLOG
Xa pola tarde fixemos unha redistribución dos grupos, estes novos equipos
elaboraron xa un documento redactado e coa información precisa sobre cada un
dos lugares que se lle asignaron seguindo o criterio de prioridade que eles
mesmos estableceron no día de onte.
ÁLBUM COAS FOTOGRAFÍAS DO DÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario