miércoles, 5 de noviembre de 2014

1,2,3 ... ACCIÓN! DÍA 3

1,2,3... 2º CICLO ACCIÓN



DÍA 3 WALLACE & GROMIT THE WRONG     TROUSERS - EL HOMBRE ORQUESTA         

Ola a todos! Na xornada de hoxe os nenos estiveron xeniais. Pola mañá vimos a película en inglés de Wallace & Gromit: The wrong trousers. Unha película de animación, técnicamente chamada Claymotion, un subxénero de animación dentro da técnica "stop motion" na que se emplea a plastilina como material primordial para moldear entornos e personaxes. 


Ao rematar de ver a película, realizamos unha tarefa na puxemos como pensamos que se facían este tipo de películas, vimos como se facían no making off das películas de Wallace & Gromit, e pensamos como poderíamos facer para adaptalo a unha película na que usaríamos figuras de Playmobil. 
A continuación contestaron unha cuestións, tamén en inglés, relacionadas co filme. E logo fixemos un diccionario trilingüe de prendas de vestir (castelán, inglés, galego). 

Durante o recreo hoxe proxectamos a curtametraxe "El hombre orquesta". Aquí vola deixo para que a poidades vela de novo.


Por último deixamos que a imaxinación dos nosos nenos se puxese a traballar nos argumentos da súa pequena película... e xa veredes o gran nivel que teñen estes nenos á hora de preparar unha película. Polo momento vos deixo unha pequena mostras en imaxes do seu traballo, pero para ver as súas curtametraxes teredes que esperar ao venres.

Ah, esquecíame! Mañá tocalle aos alumnos de 4ºA organizar a entrada á curtametraxe e facer os carteis da peli que veremos mañá.

Como resumo, día a día poñemos no noso mural unhas imaxes e un resumo do que facemos cada día.







PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO "FOLLOW ME"

DÍA 3

Como cada día empezamos recibindo aos alumnos, esta vez no corredor do Ciclo, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a xornada.

No día de hoxe empezamos cunha saída por grupos aos lugares da cidade que queremos que aparezan na guía para poder facer fotos de todos eles. Ao regresar ao colexio fíxose unha selección das mellores fotografías, que serán as que ilustrarán a Guía Turística.

Ao mesmo tempo dous grupos de traballo empezou a tradución a inglés e a galego dos documentos elaborados no día de onte.

Xa pola tarde tivemos unha charla impartida por unha Guía Turística profesional na que lles explicou como hai que prepararse para esa profesión, que cualidades debe ter e como se desenvolve o seu traballo.
Xa para rematar a xornada continuamos co traballo de tradución á vez que o resto de grupos elaboraban o “Manual do bó guía” e empezaban co traballo de elaboración e maquetación das páxinas do documento final.
Rematamos, como cada día, co diario da xornada.

Mentres se facían todas estas actividades tamén continuaron actualizando o blog que iniciaron na xornada de ontes e documentando o proxecto, xa que eles mesmos se encargarn de facer fotografías de todas as actividades, e incluso intentaremos poder facer algún vídeo con opinións dos propios alumnos sobre a actividade. 



ÁLBUM FOTOS DÍA 3

Proyecto Nuestro Colegio

Como ya todos sabéis durante estos días estamos trabajando en un proyecto sobre "Nuestro cole", primero nuestras profesoras nos han presentado el proyecto,a nosotros nos ha entusiasmado y nos hemos puesto enseguida manos a la obra.
 Hemos realizado una lluvia de ideas y las hemos escrito, luego trabajamos mucho para crear nuestros mapas mentales con todo lo que sabemos de nuestro colegio.
A continuación el Padre Eladio ha sido tan amable de llevarnos por las dependencias del colegio, nos ha mostrado el museo,la iglesia y hasta una zona que no conocíamos, Comunidad!!!

Nuestro trabajo a continuado y nos hemos acercado un poco más a la figura de nuestro fundador, San José de Calasanz y también hemos aprendido mucho sobre la vida y obra de un señor que tiene un nombre muy raro y difícil del que no logro acordarme así que le llamo... el Greco. Con la ayuda de internet y de nuestras profes ahora sabemos muchas más cosas de sus cuadros y nos parecen muy bonitos!!!
Ahora os tengo que dejar porque tengo que seguir trabajando en este proyecto tan chuli, pero en estos días os seguiré contando lo que hacemos!!
 Un saludo y un besito a todos.


Proyecto Nuestro Colegio from María Corujo López on Vimeo.

martes, 4 de noviembre de 2014

1,2,3... ACCIÓN! DÍA 2

DIA 2 ESCUELA DE ROCK - LA LUNA                                                                                              



No noso segundo día de proxecto o primeiro que fixemos foi visualizar a película "School of rock" (Escuela de Rock). Logo de vela película, ao subir do recreo, traballamos na clase o contido da película a través dun cuestionario. Os alumnos elaboraron un debuxo de como era unha banda de rock imaxinada por eles.






No recreo proxectouse a curtametraxe "La Luna", tamén para toda a primaria... e hai que recoñecer que tivemos un gran éxito posto que estivo chea a sala. Nesta ocasión, os alumnos de 3ºA foron os encargados de preparar as entradas e vendelas na taquilla.
Pola tarde, continuamos as nosas tarefas traballando con música. A través de páxinas web interactivas traballamos distintos instrumentos musicais que hai nas orquestas a diferencia dos que se ven nunha banda de rock. Tamén se traballaron os ritmos.

Para rematar esta xornada o mestre de música preparou un concerto didáctico no que, sen duda alguan, fixo disfrutar a todos aos que alí estivemos. Neste concerto, os nenos, sen querelo, practicaron rítmos, cancións, e outros conceptos musicais,

                                                 ... e maña toca en inglés!!



PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO "FOLLOW ME"

AMBIENTACIÓN
Para involucrar máis aos alumnos no Proxecto proposto, preparamos unha ambientación sobre a nosa cidade basada nunha "Oficina de Turismo" que os recibiu na acollida do primeiro día de traballo.
Este vídeo é unha pequena mostra do traballo realizado para esta ambientación.




PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO "FOLLOW ME"

DÍA 2
Empezamos recibindo aos alumnos outra vez no Salón de Actos, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a lles explicamos a xornada.
Tendo en conta que os obxectivos principais do Proxecto son o coñecemento da cidade e a mellora do traballo en grupos cooperativos as actividades de hoxe seguen encamiñadas nese sentido. 


Empezamos co "Diario do Proxecto", hoxe facemos referencia ao traballo do luns, a partir de hoxe esta tarefa farémola cada día ás 17:15 como parte final da xornada. Un exemplo é o de Inés (5ºB)

Despois empezamos un traballo moi relacionado coa competencia matemática e cientifica, situamos nun plano de Monforte os lugares emblemáticos que escollimos e despois trasládamolos a un plano xigante colocado no corredor do Ciclo.

Durante a mañá empezamos xa o traballo de búsqueda de información para as referencias que terá a nosa guía e por outra parte un grupo de alumnos comezou o deseño do Blog de Ciclo que se vai iniciar neste proxecto, e que quedará para posteriores proxectos ou traballos.

ENLACE AO BLOG 



Xa pola tarde fixemos unha redistribución dos grupos, estes novos equipos elaboraron xa un documento redactado e coa información precisa sobre cada un dos lugares que se lle asignaron seguindo o criterio de prioridade que eles mesmos estableceron no día de onte.
 
ÁLBUM COAS FOTOGRAFÍAS DO DÍA

1,2,3... ACCIÓN

1,2,3... 2º CICLO, ACCIÓN!

Co ánimo de achegar o cine aos máis pequenos, este proxecto pretende darlles algunha ferramenta para poder desfrutar do contido das películas e poder extraer ensinanzas e críticas das mesmas. 

O visionado das películas son unha excusa para amosar e chegar a conceptos e realidades relevantes dentro deste mundo. Ademáis, cada clase terá un día para organizar o visionado das curtas nos recreo: acomodar, venda de entradas, presentación da curta… 

Cada día realizaremos actividades relacionando as películas cos contidos propios do curriculo do noso ciclo.

 DÍA 1: SHREK - PAJARILLOS                                                                                          

Neste día os alumnos do 2ºciclo viron a película de “Shrek” no salón de actos do colexio. Despois do visionado do filme, nas aulas respectivas,  traballaron a descrición de paisaxes e personaxes, tanto en galego como en castelán. 

Na hora do recreo proxectouse un corto para toda a primaria, os nenos colleron cada un a súa entrada na taquilla do noso cine. 



Pola tarde, no pavillón, realizamos unha actividade de educación física. Todo o ciclo participou nun circuito no que se simulaba a escena do rescate da princesa Fiona por Shrek escapando da dragoa. 



Logo nas aulas  traballáronse os valores que se reflicten nas personaxes da película.