Último día de excursión. Nesta xornada o tempo non acompañou moito, pero aínda así disfrutamos do tempo que nos quedaba. Día de Diplomas e de retorno a casa; mañá volta ás clases.
Os alumnos de 6º continúan coa excursión en Leitariegos. Neste segundo día o tempo volveu a ser espectacular, co disfrutaron ao máximo das pistas e das actividades.
No día de hoxe comenzaron os alumnos de 6º a excursión a Leitariegos para realizar a parte práctica da Unidade de Esquí, dentro da área de E.Física. Acompañados polos mestres da área e contando con varios monitores de esquí, empezaron a primeira xornada coa viaxe e as primeiras clases prácticas. Aquí deixamos unha pequena mostra desta primeira xornada.
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO Nove alumnos participaron nunha lectura de Follas Novas na Biblioteca Municipal Lois Pereiro, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Os días previos preparamos a actividade.
Hoxe imos cambiar un puco de tema no blog para incluír unha reflexión moi interesante sobre que clase de nenos estamos potenciando hoxe en día. Parécenos que é unha lectura moi recomendable. Para acceder picar na fotografía
Unha mostra máis da gran solidariedade que se respira no Centro é o éxito enorme da Operación Bocata deste ano. Arredor de 900 bocatas distribuídos entre os asistentes que encheron completamente o pavillón polideportivo do Centro, ao que nos tivemos que mover pola chuvia que quixo interromper o acto. Bocadillos, Festa, Bailes, e sobre todo toneladas de solidariedade, compartir e disfrutar.
Na área de E. Física de 4º de Primaria, dentro da Unidade de expresión, os alumnos realizaron varias coreografías e representáronas diante dos compañeiros. Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.
Queremos agadecer ás alumnas de Ximnasia Rítmica e ás súas monitoras o excelente traballo realizado na Celebración da Paz. Pensamos que o mellor é este vídeo-homenaxe ao seu gran traballo, son espectaculares e conseguiron que se realizara un acto único e moi emotivo en demanda dun mundo en Paz.
Despois de celebrar os xoves de Compadres e Comadres, este venres organizamos unha pequena festa de disfraces para os alumnos de Infantil e Primaria nos patios do Centro. Todos os alumnos, dende os máis pequenos de Infantil ata os maiores de 6º disfrutaron da tarde; os disfraces foron espectaculares, moi coidados e conseguidos. Aquí tedes un vídeo do evento e un álbum coas fotos da tarde.
Porque la música no entiende de idiomas ni de banderas de ningún tipo, ese fue el lenguaje que utilizamos todos los que formamos parte del colegio para celebrar el día de la Paz y No Violencia.
En clase de Plástica de 3º de Primaria estamos a completar o camiño para ir á busqueda do tesouro, ao encontro da amizade, da colaboración, da lingua e da aprendizaxe.
Carla Dapena, Carla Rodríguez e Ángela Álves, animáronse a participar no Certame de Poesía de Nadal e os seus poemas, resultaron premiados. O vindeiro xoves 28, acudimos á Biblioteca Municipal.
Recolleron o premio de mans do alcalde.
Moi ledas, levaron para a casa un libro e un diploma.
Durante esta semana estamos a prepararnos para a conmemoración do Día da Paz, que celebraremos o venres ás 12:30 na Explanada, diante da porta da Igrexa do Colexio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades que estamos a realizar e dos ensaios para o acto do venres.
Esperámosvos a todos o venres. Pasarémolo ben e faremos a nosa contribución como Comunidade Educativa para formentar a paz no mundo.