miércoles, 5 de octubre de 2011

CELEBRACIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO


O mércores 5 de outubro tivemos a Celebración de Principio de curso para os alumnos de 3º a 6º de E. Primaria.
Celebramos unha Eucaristía na igrexa do colexio oficiada polo P. Eladio e o P. José. Asistiron todos os alumnos do 2º e 3º Ciclos de Primaria, os mestres e algunhas familias que quixeron unirse.
Durante a Eucaristía o P.Eladio falounos moito sobre a Paz e o moito que o Papa Juan Pablo II loitara por levar a Paz a todo o mundo; ademais explicounos varias maneiras de colaborar coa Paz "Multiplicando Vida", como reza o lema deste curso.