domingo, 28 de octubre de 2012

RUTA POR MONFORTE DO 3º CICLO

O venres 26 os alumnos do 3º Ciclo fixemos unha ruta por Monforte de Lemos.
Empezamos cunha oración conxunta no Salón de Actos do Colexio.
Os alumnos de 5º visitamos o Pazo de Muíños de Antero, no Malvarón. Foi un lugar moi interesante de ver, á vez que moi descoñecido, pois á algo que non se visita moi a miúdo en Monforte. Debemos agradecer a Rosenda e ao seu pai Matías os bós guías que foron na "casa das mirillas". Tamén se pode visitar en Internet, na web http://www.pazomolinosdeantero.com
Mentres tiña lugar esta visita os alumnos de 6º realizaban no Colexio unha actividade do CIM do Concello de Monforte sobre "Violencia de Xénero".
Despois fomos ata a Torre da Homenaxe do Castelo de San Vicente, onde Xosé nos realizou unha visita moi curiosa baseada na elaboración do DNI da Torre. Esta visita e as actividades posteriores xa as fixemos os catro cursos do Ciclo.
A comida foi no parque de A Florida, un sitio moi agradable para comer con tranquilidade e xogar un pouco.
Para rematar viñemos ata o Colexio, onde celebramos o magosto e invitamos ao resto de Ciclos a comer castañas.
¡UN DÍA COMPLETO!!!!

Ruta por Monforte 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario