miércoles, 30 de enero de 2013

POR UN ENTROIDO SOLIDARIO


Charla por un Entroido Solidario

A concelleira de Educación, Pilar López, celebrou no noso centro unhas charlas que tivo como obxectivo a procura dun Entroido solidario. Tamén participou o técnico de Medio Ambiente do Concello.




Con esta iniciativa preténdese buscar solucións á práctica nada solidaria de estragar alimentos durante o Entroido. O obxectivo desta charla informativa é concienciar á mocidade sobre a difícil situación que atravesan moitas familias e a necesidade de facerlle fronte mediante o exercicio da solidariedade, motivo polo que celebrar o Entroido lanzándo alimentos como ovos ou fariña non é o máis apropiado.

Ademais da charla, distribuiuse un bando municipal no que se alude ó espírito do Entroido, rexeitando as actuacións que nada teñen que ver con el. Este bando, xunto cunha carta explicando a situación e advertindo sobre a posibilidade de sancionar a quen lance alimentos na rúa, repartiuselle aos alumnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario