miércoles, 6 de marzo de 2013

MONEY, MONEY, MONEY....

A semana pasada comezamos un proxecto de comprensión na área de matemáticas. Neste proxecto coñeceremos mellor o noso sistema monetario, aprenderemos a valorar os gastos en función do diñeiro do que se dispón e coñeceremos en que outros países da Unión Europea tamén teñen o euro.

  Primeiro, comezamos a montar un mural cos distintos billetes e moedas.

Tamén, nos grupos base,  os nenos relizaron unha pequena dramatización na que tiñan que escenificar unha situación de compraventa. Sabede que temos grandes actores na clase!!

No hay comentarios: